I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 431-432); Tavani (1964: 77-78 [= LPGP 600]); Cohen (2003: 500); Littera (2016: II, 67-68).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 298); Braga (1878: 164); Machado & Machado (1956: V, 379).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 80-81); Torres (1977: 335); Mongelli (2009: 123).
4 quen] q̅uē B; querrei] q̅irey B 5 triste] tristi V; verra] veira B 7 Querrei] queirey B 8 Deus] des V; perdon] pardo B 9 al] ca B 10 querrei] q̅irey B 11 verra] veyra B 13 amiga] amigas BV; receei] rece\h/ey V 14 quando] ꝙ̄ do V; gran] grã B; vir] uijr V 15 por m’encobrir] premeu cobrir V 16 força] forca B 17 quan[do]] ꝙ̄ V
1 Amiga] Amiga[s] Nunes 8 perdon] pardon Tavani 10 mas] ma[i]s Nunes 13 amiga] amigas Nunes : amiga(s) Tavani 14 quando] quand’o Tavani 16 à força de] á força de Nunes : a força de Tavani, Cohen, Littera
(I) Amiga, quero ver se ando agora máis leda, por unha cousa, porque din que vén o meu amigo; mais a quen me vexa querereille aparentar triste cando saiba que el vai vir, mais o meu corazón moi ledo estará.
(II) Quererei andar triste para lle mostrar que non me prace, así Deus me perdoe, aínda que no meu corazón sinto outra cousa; mais a quen me vexa quererei parecerlle triste cando saiba que el vai vir, mais o meu corazón moi ledo estará.
(III) Porén, amiga, sempre receei estar triste cando sinto gran pracer; mais heino de facer por me encubrir e, contra a miña vontade, parecerei triste cando saiba que el vai vir, mais o meu corazón moi ledo estará.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:161)
Encontros vocálicos: 6 se͜e·ra; 9 tenho‿eu; 12 se͜e·ra; 18 se͜e·ra
Neste primeiro verso, a cantiga presenta unha interlocutora, a amiga, que contrasta vivamente co plural amigas que os códices fornecen no v. 13. É por isto que Nunes decidiu asumir o plural en vez do singular e realizar a emenda no íncipit da cantiga. Cfr. nota a 1302.1.
Emendamos a forma *pardon (<pardō>) de B, lección exclusiva (errada face a perdon, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85); de feito, de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b; 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).
A variante reducida mas da adversativa indica que é unha forma que existiu realmente nos apógrafos italianos, aínda que, en xeral, é máis característica dos textos copiados no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 692.10). En BV só presenta catorce ocorrencias (véxase tamén 733.15, 749.15, 789.6, 1038.4, 1046.10, 1201.10, 1225.4, 1245.6, 1282.10, 1387.13, 1432.21, 1573.5, 1652.29).