1282 [= RM 88,2]
Amiga, quero-m’ora cousecer

Amiga, quero-m’ora cousecer
se ando máis leda por ũa ren,
porque dizen que meu amigo ven;
mais a quen me vir querrei parecer
triste quando souber que el verra,
mais meu coraçon mui ledo seera.
Querrei andar triste por lhi mostrar
ca mi non praz, assi Deus mi perdon,
pero al mi tenho eu no coraçon;
mas a quen me vir querrei semelhar
triste quando souber que el verra,
[mais meu coraçon mui ledo seera].
Pero, amiga, sempre receei
d’andar triste quando gran prazer vir;
mais ei-o de fazer por m’encobrir
e, à força de mí, parecerei
triste quan[do souber que el verra,
mais meu coraçon mui ledo seera].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1265bis, V 871

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 431-432); Tavani (1964: 77-78 [= LPGP 600]); Cohen (2003: 500); Littera (2016: II, 67-68).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 298); Braga (1878: 164); Machado & Machado (1956: V, 379).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 80-81); Torres (1977: 335); Mongelli (2009: 123).

Variantes manuscritas


4 quen] q̅uē B; querrei] q̅irey B   5 triste] tristi V; verra] veira B   7 Querrei] queirey B   8 Deus] des V; perdon] pardo B   9 al] ca B   10 querrei] q̅irey B   11 verra] veyra B   13 amiga] amigas BV; receei] rece\h/ey V   14 quando] ꝙ̄ do V; gran] grã B; vir] uijr V   15 por m’encobrir] premeu cobrir V   16 força] forca B   17 quan[do]] ꝙ̄ V

Variantes editoriais


1 Amiga] Amiga[s] Nunes   8 perdon] pardon Tavani   10 mas] ma[i]s Nunes   13 amiga] amigas Nunes : amiga(s) Tavani   14 quando] quand’o Tavani   16 à força de] á força de Nunes : a força de Tavani, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Amiga, quero ver se ando agora máis leda, por unha cousa, porque din que vén o meu amigo; mais a quen me vexa querereille aparentar triste cando saiba que el vai vir, mais o meu corazón moi ledo estará. 

(II) Quererei andar triste para lle mostrar que non me prace, así Deus me perdoe, aínda que no meu corazón sinto outra cousa; mais a quen me vexa quererei parecerlle triste cando saiba que el vai vir, mais o meu corazón moi ledo estará.

(III) Porén, amiga, sempre receei estar triste cando sinto gran pracer; mais heino de facer por me encubrir e, contra a miña vontade, parecerei triste cando saiba que el vai vir, mais o meu corazón moi ledo estará. 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:161)

Encontros vocálicos: 6 se͜e·ra; 9 tenho‿eu; 12 se͜e·ra; 18 se͜e·ra

Notas


Texto
  • 1

    Neste primeiro verso, a cantiga presenta unha interlocutora, a amiga, que contrasta vivamente co plural amigas que os códices fornecen no v. 13. É por isto que Nunes decidiu asumir o plural en vez do singular e realizar a emenda no íncipit da cantiga. Cfr. nota a 1302.1.

  • 8

    Emendamos a forma *pardon (<pardō>) de B, lección exclusiva (errada face a perdon, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85); de feito, de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b; 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 10

    A variante reducida mas da adversativa indica que é unha forma que existiu realmente nos apógrafos italianos, aínda que, en xeral, é máis característica dos textos copiados no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 692.10). En BV só presenta catorce ocorrencias (véxase tamén 733.15, 749.15, 789.6, 1038.41046.10, 1201.101225.4, 1245.6, 1282.10, 1387.13, 1432.21, 1573.5, 1652.29).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado