1299 [= Tav 91,7]
Quantas sabedes amar amigo

Quantas sabedes amar amigo
treides comig’a lo mar de Vigo,
e bannar-nos-emos nas ondas.
Quantas sabedes amar amado
treides-vos mig’a lo mar levado,
e bannar-nos-emos n[as] o[ndas].
Treides comig’a lo mar de Vigo
e veeremo-lo meu amigo,
e bannar-nos-emos n[as] o[ndas].
Treides-[vos] mig’a lo mar levado
e veeremo-lo meu amado,
e bannar-nos-emos nas o[ndas].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1282, V 888, N 5

O Pergamiño Vindel presenta, por deterioración do soporte, importantes lacunas textuais nos vv. 3-8, especialmente na segunda estrofa.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 444); Cunha (1999 [1956]: 377 [= LPGP 612]); Spaggiari (1980: 399-400); Fernández Guiadanes et alii (1998: 219); Cohena (2003: 517); Littera (2016: II, 81); Cohenb (2016c: 197); Monteagudo (2017: 57).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 303); Braga (1878: 166); Vindel (1915: V); Oviedo y Arce (1917: 37-38); Bell (1923: 166); Nunes (1931: 25-26); Machado & Machado (1956: V, 395); Ferreira (1986: 133); Brea (1998: 99); Couceiro Pérez & Fontoira (1998: 27); Monteagudo (1998a: 98); Monteagudo (1998b: 115); Pena (1998a: 73); Pena (1998b: 89); Pena (1998c: 98); Montero Santalha (2004); Tavani (2014: 45).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 48-49); Seoane (1941: 94); Nemésio (1961 [1949]: 116); Nunes (1959: 359-360); Álvarez Blázquez (1975: 161); Landeira Yrago (1975: 86); Torres (1977: 159); Reckert & Macedo (1980: 156); Gonçalves & Ramos (1983: 263-264); Beltrán (1987: 85); Alvar & Beltrán (1989: 340-341); Matalobos (1989: 34); Tavani (1989: 13); Pena (1990: 147); Sansone (1990: 186); Jensen (1992: 212); Pena (1993: 90); Delgado León (1996: 112); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 158); Diogo (1998: 244-245); Morán (1999: 47); [Morán] (2001: 52); Magalhães (2007: 108); Alvar & Talens (2009: 562); Brea López & Fernández Guiadanes (2014: 95); Souto Cabo (2017: 165).

Variantes manuscritas


2 treides] creydes V   3 bannar-nos-emos] banharuꝯ emꝯ V   4 amar] damar BV   5 treides] creydes V; mig’a lo mar] migo ao mar BV   6 bannar-nos-emos] barnharnosemꝯ B : banharnosemꝯ V   7 comig’a lo mar] comigo ao mar BV   9 bannar-nos-emos] banharnosemꝯ BV   10 mig’a] migo a BV   11 veeremo-lo] ueremolo B : ueremo lo V : ueeremo N   12 bannar-nos-emos nas] banhar uꝯ emꝯ (nas) / Nas B

 

Variantes editoriais


5 treides-vos mig’a] treides comig’a Nunes, Cunha, Monteagudo, Littera : treydes comigu’a Spaggiari : treides comigo a Cohena   7 comig’] comigo Cohena, Cohenb   10 Treides-[vos] mig’a] Treides comig’a Nunes, Cunha, Littera : Treydes comigu’a Spaggiari : Treides [co]mig’a Monteagudo : Treides <co>migo a Cohena

Paráfrase


(I) Cantas sabedes amar amigo vinde comigo ao mar de Vigo, e bañarémonos nas ondas.
(II) Cantas sabedes amar amado vinde comigo ao mar levantado, e bañarémonos nas ondas.
(III) Vinde comigo ao mar de Vigo e veremos o meu amigo, e bañarémonos nas ondas.
(IV) Vinde comigo ao mar levantado e veremos o meu amado, e bañarémonos nas ondas.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 9’a 9’a 8’B (= Tav 26:94)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é a quinta da secuencia seriada que a crítica considera no conxunto das sete cantigas codaxianas (véxase nota a UC 1295).

  • 2

    Tamén nesta cantiga de Codax se atesta a forma verbal treides (vv. 2, 5, 7, 10), que, xunto co imperativo treide, é resto arcaico da conxugación do verbo trahere (trahĭtĭs, trahĭte), na súa forma clásica (despois substituído por *tragere > med. trager; véxase Ferreiro 1999: §220a). Fóra da cantiga 1471 (véxase nota aos vv. 4 e 16), treide e treides só se atesta en oito cantigas de amigo: 679.3, 757.1, 1161.6, 1289.1 e 6, 1 e 4, .2, 5, 7 e 10, 1302.1, 1303.2, 5 e 8, para alén das codaxianas 1297 e 1299. Fóra da lírica profana, hai dúas ocorrencias de treides nas Cantigas de Santa Maria:
              Ai, moller, treides oge mig’ a un logar (CSM 216.23).

     

              E depois aa tornada, quando chegou a Carron,
              hũa sa filla lle disse: «Treides, se Deus vos perdon,
              albergar mais adeante a hũas choças que son
              preto de nosso camỹo, e y podemos jazer»
    (CSM 278.24).

    Na prosa só localizamos unha ocorrencia na Demanda do Santo Graal: Senhor, diss’el, pois treides migo (cfr. CGPA, s.v. treides).

    Esta mesma cantiga aínda presenta un segundo trazo conservador, cal a manutención de /l/ na forma do artigo (en posición posvocálica) na procura dunha retórica arcaizante na elaboración de cantigas de amigo (véxase Ferreiro 2008b, 2013), igual que acontece noutras moitas cantigas (609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 892, 9039691130, 1166, 1167, 1169, 1201, 12061281, 1294, 1297, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que acontece coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).

  • 5

    Noutras edicións da cantiga de Codax practícase a emenda da lección unánime dos manuscritos (<lac> N, <Treydes u9 migo> B, <creydes u9 migo> V) para restaurar comigo, inducido polo v. 2: treides comig’ a lo mar de Vigo), feito que tamén explica a integración [co]migo no v. 10.

    Certamente, tal lectura pode xustificarse por un erro de interpretación dun copista, que lería o signo <9>, que isolado ou en inicio de palabra equivale a “con”, como se fose constituínte da abreviatura <u9> do pronome vos. É significativo, neste sentido, que os tres relatores omitan a partícula no v. 10. Con todo, mantemos a alternancia treides comigo vs treides-vos migo considerando que Martin Codax adoita introducir lixeiras variacións sobre o que sería un uso ríxido do paralelismo e da técnica do leixa-pren, sendo que neste caso a primeira fórmula se rexistraría nas estrofas impares (I e III) e a segunda nas pares (II e IV). Alén diso, o verbo treides seguido do pronome encóntrase noutras ocasións no corpus: treide-vos, ai amigo, / e guisade d’andar (587.19); treide-vos, ai amado / e guisade d’andar (587.23); «Ai amor, leixedes-m’oje de so-lo ramo folgar / e depois treides-vos migo meu amigo demandar!» (1161.6).

    Obsérvese, por outra parte, a variación de BV, que tentan modernizar o texto coa utilización da forma convencional do artigo: a lo mar (v. 2) vs. ao mar (vv. 5, 7).

  • 10

    A hipometría do verso e a repetición esixida polo leixa-pren implica a restauración do pronome átono vos, ausente na copia dos manuscritos; outros editores optaron, diferentemente, por restaurar a forma [co]migo (Nunes, Cunha, Spaggiari, Cohen).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado