1309 [= RM 67,2]
Amiga, quen oje ouvesse

Amiga, quen oje ouvesse
mandado do meu amigo
e lhi ben dizer podesse
que veesse falar migo
ali u sempre queria
falar mig’e non podia!
Se de mí ouver mandado,
non sei ren que o detenha,
amiga, pelo seu grado,
que el mui cedo non venha
ali u sempre queria
[falar mig’e non podia].
E foi mig’outra vegada:
atende-lo-ei, velida,
fremosa e ben-talhada,
en Far[o], ena ermida,
ali [u sempre queria
falar mig’e non podia].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1293 (f. 271v, cols. a-b), V 898 (f. 141r, col. b) [Cantiga de Amigo]

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 451 [= LPGP 433]); Cohena (2003: 527); Littera (2016: I, 503); Cohenb (2024a: I, 115).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 305); Braga (1878: 168); Machado & Machado (1958: VI, 15); García (2001: 56); Montero Santalha (2004j: nº 5); Cohen (2013: 55); Vázquez García (2016: 167).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 130-131); Fernández Pousa (1951: 46-47); Nunes (1959: 312-313); Álvarez Blázquez (1975: 147); Landeira Yrago (1975: 165); Gutiérrez (2023: 139, 303).

Variantes manuscritas


1 oje ouvesse] oie soubesse BV   4 que veesse] que (s) uehesse V   9 seu] seo V

Variantes editoriais


En Cohen (2003), o corpo da estrofa está disposta en dous versos longos de 15 sílabas, con refrán biversal; en 2024, adopta o esquema aaB, con refrán monoversal, tamén de 15 sílabas.

1 oje] oj’ Nunes   4 veesse] vẽesse Cohenb   13 E foi] U foi Nunes, Cohena, Littera, Cohenb

Paráfrase


(I) Amiga, quen me dera hoxe ter novas do meu amigo para lle poder dicir que viñese falar comigo alí onde sempre quería falar comigo e non podía!

(II) Se lle chega un aviso meu, non sei de nada que o deteña, amiga, e que el non veña logo, polo seu propio desexo, alí onde sempre quería falar comigo e non podía.

(III) E estivo comigo noutra ocasión: esperareino, bela, fermosa e ben feita, no Faro, na ermida, alí onde sempre quería falar comigo e non podía. 

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’a 7’b 7’C 7’C (= RM 99:72)

Encontros vocálicos: 1 oje‿ouvesse

Estrutura métrica alternativa 1: 3 x 15’a 15’a 7’B 7’B. En Cohen (2003: 527)
Estrutura métrica alternativa 2: 3 x 15’a 15’a 15’B. En Cohen (2013: 55); Cohen (2024a: I, 115)

Notas


Texto
  • 1-2

    Nos apógrafos italianos produciuse unha confusión entre aver mandado e saber mandado: no presente contexto, a métrica esixe a emenda da lección de BV e a conseguinte sinalefa; a emenda apóiase, ademais, na presenza de aver mandado no v. 7: Se de mí ouver mandado. Cfr. aver mandado en 582.2 (e 5), 821.7, 1137.8 (e 12), 1142.7, 1206.5, 1211.1 e 7, 1296.1 (e 4).

  • 13

    Unha puntuación alternativa evita os cambios que Nunes, Cohen e Littera introducen neste verso, que se converte así na cláusula subordinada de atenderei (v. 14).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado