1416 [= RM 60,14]
Quantos mal an se quere[n] guarecer

Quantos mal an se quere[n] guarecer:
se x’agora per eles non ficar,
venhan este maestre ben pagar,
e Deu-los pode mui ben guarecer,
ca nunca tan mal doent’ome achou
nen tan perdudo, des que el chegou,
se lh’algo deu, que non fosse catar.
Quiça non o pod’assi guarecer,
que este poder non lho quis Deus dar
a que non sabe que possa saar
o doente, meos de guarecer;
mais preguntar-lh’-á de que enfermou,
come maestr’, e, se o ben pagou,
non leix’a guarir po-lo el preguntar,
ca vos non pod’el assi guarecer
o doente, meos de treminhar;
mais, pois esto for, se quis[er] filhar
seu conselho, pode ben guarecer
se se ben guardar; poi-lo el catou,
ben [o] guarra do mal, ca treminhou,
e diz o maestre: «Se lhi non tornar».
Ca o doente de que el pensou
por un gran tempo se mui ben saou:
se mal non ouver, pod[erá] andar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


V 1006 (f. 161v, cols. a-b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 271-272); Hernández Serna (1978: 216-217); Lopes (2002: 177); Víñez Sánchez (2004: 247 [= LPGP 367]); Littera (2016: I, 420).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 346); Braga (1878: 190); Michaëlis (1990 [1904]: II, 537); Machado & Machado (1960: VII, 98-99); Hernández Serna (1975: 150-151).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 309).

Variantes manuscritas


1 Quantos ... guarecer] Quantus ... guarezer V   4 -los] lus V   8 Quiça] Quiza V   13 pagou] pagon V   14 guarir] guarecer V

Variantes editoriais


1 Quantos] Quantus Víñez Sánchez   4 Deu-los] Deu’lus Víñez Sánchez   8 non o] nõn’o Lopes   10 a que] a quen Lapa : a quem Lopes : [j]á que Littera   13 maestr’, e] maestre Víñez Sánchez   14 guarir] guarecer Víñez Sánchez   16 treminhar] terminhar LapaHernández SernaLopes, Víñez Sánchez, Littera   20 ben [o] guarra] ben guar[i]ra Lapa, Hernández Serna : bem guar[i]rá Lopes, Littera : ben guarrá Víñez Sánchez; treminhou] terminhou Lapa, Hernández SernaLopes, Víñez Sánchez, Littera   24 se mal non ouver, pod[erá] andar] se mal non ouver, [já er] pod’andar Lapa, Hernández Serna : [e] se mal nom houver, [já] pod’andar Lopes, Littera

Paráfrase


(I) Todos os que padecen un mal queren curarse: se por eles non ficase por facer, veñan pagar ben a este médico e Deus pódeos curar moi ben, pois desde que chegou nunca achou ningún home tan grave nin tan perdido que non o fose examinar se lle pagou algo.
(II) Quizais non o pode curar así, porque este poder non llo quixo Deus dar a quen non sabe que poida sandar o doente, agás que se cure; mais, como médico, preguntaralle de que enfermou, e, se lle pagou ben, non deixa de se curar porque el lle pregunte, (III) porque el non vos pode curar así o doente, excepto se morre, mais, se isto acontecer, se quixer aceptar o seu consello, pódese curar ben se se coida moito; despois de que el o examinou, ben o curará do mal, porque morreu, e dixo o médico: «se non lle volta (o mal)».
(1) Porque o enfermo de quen el se ocupou por longo tempo moi ben se curou: se non tiver mal, poderá andar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b (= RM 163:2) + 10c 10c 10b

Encontros vocálicos: 5 omeachou; 14 -loel; 21 *ma͜es·tre

Notas


Texto
  • *

    Esta composición, xunto coas cantigas UC 1410-1415 e 1417, está atinxida pola rúbrica abranxente colocada no inicio da cantiga UC 1410 (Estas cantigas son d’escarnh’e de mal dizer e feze-as Gonçal’Eanes do Vinhal).
    O verbo guarecer é palabra rimante fixa nos versos primeiro e cuarto de todas as estrofas.

  • 1

    A puntuación efectuada no verso por Lopes e Littera parece indicar que a se foi atribuída a función de conxunción condicional, a introducir a correspondente cláusula (con queren, presente de indicativo), cunha evidente incoherencia sintáctica a respecto da cláusula condicional do v. 2 (con ficar, futuro de subxuntivo). É por isto que preferimos interpretar se como pronome persoal en posición proclítica, condicionada pola presenza de quantos no inicio da frase.
    Por outra banda, é relativamente  frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<Quantus> v. 1, <lus> v. 4); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 3

    Esta cantiga xunto con UC 1417  foron consideradas sátiras ao Mestre Nicolás ou Nicolao, célebre físico da corte rexia castelán-leonesa; no entanto, o maestre presente nas dúas composicións non está identificado a pesar de que no seu momento, xa desde Carolina Michaëlis, si se ofreceron algunhas propostas identificadoras (véxase Hernández Serna 1987: 216-227).

  • 11

    A locución prepositiva meos de ‘excepto por, a non ser que’ convive no corpus con a meos de (coas variantes mẽos e meios).

  • 14

    Na lingua trobadoresca o verbo leixar aparece en complexos verbais (leixar + infinitivo) e tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 36.5, 308.16, 724.6 e 13 e 20, 911.2, 1065.5, 1590.14). Cfr. nota a 3.17.
    Talvez foi a reiteración de guarecer, con seis aparicións no texto, que levou a un lapso de copia neste verso, que provoca hipermetría: é por isto que a maioría dos editores emendan guarecer en prol da forma simple guarir, que reaparece baixo a forma futura guarra no v. 20.

  • 16-20

    A voz treminhar deriva do lat. termināre, neste caso co sentido de ‘morrer’, tal como é recollido no Glossarium de Du Cange (“Mori; qua notione utuntur Itali”; cfr. s.v. terminare). A rareza de treminhar explica a súa emenda para terminhar en todos os editores e, outrosí, as diferentes interpretacións concedidas ao verbo: ‘diagnosticar’ (Lapa, Víñez Sánchez), ‘determinar, recobrar consciência’ (Lopes, Littera).

  • 20-24

    Desconsiderando a condición pronominal de se (o doente ... se mui ben saou), a puntuación da fiinda en Lopes e Littera indica que estabelecen dúas cláusulas subordinadas condicionais, a pesar da asimetría sintáctica (se ... saou e se ... houver ... pod’andar):

    Ca o doente, de que el pensou
    por um gram tempo, se mui bem saou
    [e] se mal nom houver, [já] pod’andar.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado