I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 382); Barbieri (1980: 61-62 [= LPGP 909-910]); Littera (2016: II, 473).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 127); Carter (2007 [1941]: 115-116); Machado & Machado (1950: II, 109); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 308).
1 non] no A 3 perço] perco B 6 mi al] mal B 8 a] om. B 9 eu] en B 10 me] mj B 11 ousasse] oussasse A 15 querra] queiria B 16 mas leixar-m’a morrer] Mays leixarma moirer B
3 perço] perco Barbieri 10 me] mi Barbieri 16 mas leixar-m’a] mais leixar-m’-á Michaëlis, Littera, mays leixar-m’á Barbieri
(I) Non sobrevivirei eu de modo ningún se non vexo a que tanto amo, porque perdo a cordura; dado que a non vexo, sufro tanto mal que non sei quen mo quite, aínda que me ofrezan outra cousa; mais Deus ma mostre axiña por iso, que a ten no seu poder.
(II) E, se eu vise a miña señora, a que me tira o sono, se eu ousase, pediríalle entón que me deixase vivir onde eu a puidese servir; mais non mo quererá consentir nin ouvir, senón deixarme ir morrer.
Esquema métrico: 2 x 7a 7a 7a 7a 7a 7a 7a 7a (= RM 5:1)
Encontros vocálicos: 6 mi-‿o, mi‿al; 7 mi-‿a; 8 a‿en; 15 mi-‿o
A raíz perç- na P1 do presente indicativo e no presente de subxuntivo, produto da evolución regular da base latina perdeo e perdeam etc., é a única que aparece no Cancioneiro da Ajuda (véxase 139.7 onde de novo aparece perçades A vs. percades B), fronte a BV, onde esporadicamente se rexistra a raíz perc-. Véxase nota a 54.6.
No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <oussasse> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.
Eis outro exemplo de tmese métrica no corpus profano, en que o poeta estabelece un corte entre a base verbal dunha forma futura (pospretérito) con pronome mesoclítico, que pasa, xunto coa desinencia, para o verso seguinte. Tal segmentación versal é tamén presente en 14.25-26, 36.6-7, 47.19-20, 219.15-16, 1138.13-14, 1538.15-16 e 1637.10-11. Cfr. notas a 37.18-19, 123.24-25, 482.1-2, 1542.3-4.
Entre as dúas posibilidades de lectura e/ou interpretación do verso, optamos por «mas leixar-me a ir morrer», isto é, ‘senón deixarme ir morrer’; ora ben, a versión dos anteriores editores (mas leixarame ir morrer) tamén é posíbel. Sobre a estrutura verbal leixar + a + infinitivo véxase nota a 36.5.