I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 271-272); Hernández Serna (1978: 216-217); Lopes (2002: 177); Víñez Sánchez (2004: 247 [= LPGP 367]); Littera (2016: I, 420).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 346); Braga (1878: 190); Michaëlis (1990 [1904]: II, 537); Machado & Machado (1960: VII, 98-99); Hernández Serna (1975: 150-151).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 309).
1 Quantos ... guarecer] Quantus ... guarezer V 4 -los] lus V 8 Quiça] Quiza V 13 pagou] pagon V 14 guarir] guarecer V
1 Quantos] Quantus Víñez Sánchez 4 Deu-los] Deu’lus Víñez Sánchez 8 non o] nõn’o Lopes 10 a que] a quen Lapa : a quem Lopes : [j]á que Littera 13 maestr’, e] maestre Víñez Sánchez 14 guarir] guarecer Víñez Sánchez 16 treminhar] terminhar Lapa, Hernández Serna, Lopes, Víñez Sánchez, Littera 20 ben [o] guarra] ben guar[i]ra Lapa, Hernández Serna : bem guar[i]rá Lopes, Littera : ben guarrá Víñez Sánchez; treminhou] terminhou Lapa, Hernández Serna, Lopes, Víñez Sánchez, Littera 24 se mal non ouver, pod[erá] andar] se mal non ouver, [já er] pod’andar Lapa, Hernández Serna : [e] se mal nom houver, [já] pod’andar Lopes, Littera
(I) Todos os que padecen un mal queren curarse: se por eles non ficase por facer, veñan pagar ben a este médico e Deus pódeos curar moi ben, pois desde que chegou nunca achou ningún home tan grave nin tan perdido que non o fose examinar se lle pagou algo.
(II) Quizais non o pode curar así, porque este poder non llo quixo Deus dar a quen non sabe que poida sandar o doente, agás que se cure; mais, como médico, preguntaralle de que enfermou, e, se lle pagou ben, non deixa de se curar porque el lle pregunte, (III) porque el non vos pode curar así o doente, excepto se morre, mais, se isto acontecer, se quixer aceptar o seu consello, pódese curar ben se se coida moito; despois de que el o examinou, ben o curará do mal, porque morreu, e dixo o médico: «se non lle volta (o mal)».
(1) Porque o enfermo de quen el se ocupou por longo tempo moi ben se curou: se non tiver mal, poderá andar.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b (= RM 163:2) + 10c 10c 10b
Encontros vocálicos: 5 ome‿achou; 14 -lo‿el; 21 *ma͜es·tre
Esta composición, xunto coas cantigas UC 1410-1415 e 1417, está atinxida pola rúbrica abranxente colocada no inicio da cantiga UC 1410 (Estas cantigas son d’escarnh’e de mal dizer e feze-as Gonçal’Eanes do Vinhal).
O verbo guarecer é palabra rimante fixa nos versos primeiro e cuarto de todas as estrofas.
A puntuación efectuada no verso por Lopes e Littera parece indicar que a se foi atribuída a función de conxunción condicional, a introducir a correspondente cláusula (con queren, presente de indicativo), cunha evidente incoherencia sintáctica a respecto da cláusula condicional do v. 2 (con ficar, futuro de subxuntivo). É por isto que preferimos interpretar se como pronome persoal en posición proclítica, condicionada pola presenza de quantos no inicio da frase.
Por outra banda, é relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<Quantus> v. 1, <lus> v. 4); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
Esta cantiga xunto con UC 1417 foron consideradas sátiras ao Mestre Nicolás ou Nicolao, célebre físico da corte rexia castelán-leonesa; no entanto, o maestre presente nas dúas composicións non está identificado a pesar de que no seu momento, xa desde Carolina Michaëlis, si se ofreceron algunhas propostas identificadoras (véxase Hernández Serna 1987: 216-227).
A locución prepositiva meos de ‘excepto por, a non ser que’ convive no corpus con a meos de (coas variantes mẽos e meios).
Na lingua trobadoresca o verbo leixar aparece en complexos verbais (leixar + infinitivo) e tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 36.5, 308.16, 724.6 e 13 e 20, 911.2, 1065.5, 1590.14). Cfr. nota a 3.17.
Talvez foi a reiteración de guarecer, con seis aparicións no texto, que levou a un lapso de copia neste verso, que provoca hipermetría: é por isto que a maioría dos editores emendan guarecer en prol da forma simple guarir, que reaparece baixo a forma futura guarra no v. 20.
A voz treminhar deriva do lat. termināre, neste caso co sentido de ‘morrer’, tal como é recollido no Glossarium de Du Cange (“Mori; qua notione utuntur Itali”; cfr. s.v. terminare). A rareza de treminhar explica a súa emenda para terminhar en todos os editores e, outrosí, as diferentes interpretacións concedidas ao verbo: ‘diagnosticar’ (Lapa, Víñez Sánchez), ‘determinar, recobrar consciência’ (Lopes, Littera).
Desconsiderando a condición pronominal de se (o doente ... se mui ben saou), a puntuación da fiinda en Lopes e Littera indica que estabelecen dúas cláusulas subordinadas condicionais, a pesar da asimetría sintáctica (se ... saou e se ... houver ... pod’andar):
Ca o doente, de que el pensou
por um gram tempo, se mui bem saou
[e] se mal nom houver, [já] pod’andar.