168 [= RM 106,3]
Ai mia sennor, u non jaz al

Ai mia sennor, u non jaz al,
averei mui ced’a morrer,
pois vosso ben non posso aver;
mais direi-vos do que m’é mal:
de que seredes, mia sennor
fremosa, de min pecador.
E praz-me, si Deus me perdon,
de morrer, pois ensandeci
por vós, que eu por meu mal vi;
mais pesa-me de coraçon
de que seredes, mia sennor
[fremosa, de min pecador].
E de morrer m’é mui gran ben,
ca non poss’eu máis endurar
o mal que mi amor faz levar;
mais pesa-me máis d’outra ren
de que seredes, mia sennor
[fremosa, de min pecador].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 79, B 182a

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 167 [= LPGP 684-685]); Pousada Cruz (2013: 197); Littera (2016: II, 182-183).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 77-78); Carter (2007 [1941]: 47); Marques Braga (1945: 153); Machado & Machado (1949: I, 294-295); Camargo et alii (1995: 73-74); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 168).
III. Antoloxías: Gutiérrez (2023: 129).

Variantes manuscritas


1 u] om. B   2 morrer] moirer B   3 posso aver] possauer B   4 vos] uos A   6 min] mj B   7 -me, si Deus me] mj sed’s mj B   8 morrer] moirer B   10 me] mj B   13 morrer] moirer B   15 mi amor] ma mor B   16 me] mj B

Variantes editoriais


3 posso] poss(o) Michaëlis : poss' Littera   4 vos] vus Michaëlis   15 amor] Amor Pousada Cruz

Paráfrase


(I) Ai miña señora, sen dúbida terei de morrer moi cedo, xa que non podo ter o voso ben; mais direivos por que me resulta máis mal: porque seredes, miña señora fermosa, pecadora por causa de min.

(II) E, así Deus me perdoe, práceme morrer, pois ensandecín por vós, a quen eu vin para o meu mal; mais pésame de corazón porque seredes, miña señora fermosa, pecadora por causa de min.

(III) E serame moi ben morrer, porque eu non podo soportar máis o mal que o amor me fai levar; mais pésame máis que calquera outra cousa porque seredes, miña señora fermosa, pecadora por causa de min.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:363)

Encontros vocálicos: 3 possoaver; 15 miamor

Notas


Texto
  • 1

    A frase formularia u non jaz al ‘certamente, sen dúbida’, concorrente con u al non jaz (só en 55.15), é equivalente a u al non á (e as súas variantes), como se patentea a través da variante de B’ na cantiga 31 (véxanse notas a 25.11 e 66.29). De todos os xeitos, nótese como na segunda copia desa cantiga se rexistra a variante fraseolóxica u non á al (<hunō aal B’), que só se rexistra en 104.34.

  • 5-6

    No refrán desta cantiga aparece a inusual construción seer pecador de, isto é, ‘ser causa do sofremento de (pecar contra alguén)’, que só reaparece en Don Denis (545.13-14) e Fernand’Esquio (1310.16). Asemade, o refrán de Nuno Fernandez Torneol lembra o final, tamén con refrán, das tres estrofas dunha cantiga de Fernan Paez de Tamalancos: ja vós sempre seredes, / senhor fremosa, de mí poderosa (50.2-3).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado