I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 223); Blasco (1984: 195 [= LPGP 824-825]); Marcenaro (2012b: 293); Littera (2016: II, 361).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 93-94); Carter (2007 [1941]: 66-67); Marques Braga (1945: 209-210); Machado & Machado (1949: I, 355-356); Fernández Pousa (1953: 24-25); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 201).
2 vosso amor] uossamor B 4 mi aqui] ma quj B 6 matar-xe-mi-á] matarxema B 9 mentre] mentreu A 10 lle] lhi B; non ei én] nō ei endo B 14 me] mj B 16 sén] om. B 17 mi Amor ante] mia ante A
2 cedo] ced’o Michaëlis 7 vos] vus Michaëlis, Blasco 9 mentre] mentr’eu Blasco, Michaëlis, Littera 11 vós] vos Marcenaro 13 vós] vos Marcenaro 14 tolleu] toll’ eu Marcenaro 17 vós] vos Marcenaro
(I) Non podo eu evitar, miña señora, que me mate axiña o voso amor se eu me afasto de vós, ai miña señora, pois me aquí vén ante vós atacar, porque, pois Amor me quere matar ante vós, matarame se me encontra sen vós.
(II) E, miña señora, outra cousa vos quero dicir para que sexades sabedora diso: non tentarei fuxirlle mentres eu viva, porque non teño poder para iso, porque, pois Amor me quere matar ante vós, matarame se me encontra sen vós.
(III) Xa que me ten ante vós en gran coita, e me tirou, miña señora, o sono, non quero probar a me ir de onde estiverdes vós, pois faría unha insensatez, porque, pois Amor me quere matar ante vós, matarame se me encontra sen vós.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:207)
Encontros vocálicos: 2 vosso‿amor; 4 mi‿aqui; 5 mi‿Amor; 6 -mi-‿á; 11 mi‿Amor; 12 -mi-‿á; 13 mi‿ante; 17 mi‿Amor; 18 -mi-‿á
Sendo amplamente maioritaria a ausencia de artigo nas construcións con posesivo (ca. 65.5% vs. 35.5%), non é necesaria a segmentación do determinante realizada por Michaëlis.
A lección de B evita criteriosamente a repetición de eu no verso, que, non obstante, aparece en Michaëlis e Blasco por seguiren literal e mecanicamente o hipométrico texto de A.
Neste verso, o texto de B faria un verso hipermétrico, por introducir o artigo con poder (ca non ei end’o poder).
A segmentación de eu que Marcenaro realizou en toll’eu resulta certamente estraña, pois implica que é o propio trobador o que se quita o sono.