I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 328-329 [= LPGP 541-542]); Correia (2001: 307); Littera (2016: I, 599).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 215); Carter (2007 [1941]: 98-99); Marques Braga (1945: 308-309); Machado & Machado (1950: II, 59); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 272).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 88-89); Piccolo (1951: 67-68); Torres (1977: 170); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 154); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 116); Diogo (1998: 130).
1 Non] On A; soub'eu] souben B 3 vos] uos A 4 sa sennor] asa senhor B 5 e] om. A; coraçon] coracon B 6 vengar] uingar B 9 mas que lles ar fiz] mays quelhar fiz B 10 Levei-os] Leueyo B 13 E na sazon] E ira sazon B; lles] lhis B 14 avian] aman B 16 eu] om. A; ali] (d)ali A 17 e] om. A 19 vengança] uingāça B
3 vos] vus Michaëlis 5 e fiz] fiz Littera 9 mas] mais Michaëlis 13 E na] Ena Correia 16 ali] dali Littera 20 min] mi Michaëlis, Littera
(I) Non me souben eu mellor vingar dos meus ollos do que me vinguei, e direivos que má morte lles dei: leveinos de onde vían a súa señora, e causei o seu mal e o do meu corazón por me vingar deles e non por outra razón, (II) porque non me podían de maneira ningunha, sen ver a moita beleza dela, causar un gran mal; mais que lles fixen eu tamén? Leveinos de onde a vían por iso, e causei o seu mal e o do meu corazón por me vingar deles e non por outra razón.
(III) E no tempo en que eu comprendín que eles tiñan un desexo moi grande de a ver, aínda que me foi moi difícil de facer, leveinos eu alí, e causei o seu mal e o do meu corazón por me vingar deles e non por outra razón.
(1) E na vinganza que deles cobrei fíxenlles un gran mal a eles e a min.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10a 10a (= RM 160:140)
Encontros vocálicos: 4 ve·i·an; 10 vi·i·an
A forma veian (cfr. viian, v. 10) constitúe unha forma única no corpus e talvez na produción medieval, perante a universalidade da secuencia -ii- en todas as formas do copretérito de veer (viia, viias etc.): quizais represente o estadio anterior á asimilación da secuencia -eí- (< uĭdebam > veia > med. viia).
Por outra parte, véxase a lección de B coa inclusión do artigo (ou preposición) para sa senhor, que provoca hipermetría. Véxase nota a 68.1 e 518.20.
A variante vengar (tamén vengança no v. 19), sen pechazón vocálica por nasal trabante, é realmente minoritaria na lingua trobadoresca, pois só se rexistra moi limidamente (148.6, 265.15, 842.5, 1094.15 e 16) fronte á forma xeral vingar. Cfr. nota a 11.17. De calquera xeito, as dúas variantes conviven nesta mesma cantiga, coa aparición de vingar e vinguei no v. 2.
A altura deste verso aparece a corrección marxinal mellor, quizais colocada erradamente, pois debería corresponder ao v. 1.
Nótese en B a aparición de lhe con valor plural (fenómeno relativamente estendido na actualidade) o cal provoca a crase con ar e unha hipometría só aparente, pois a presenza da variante mais no Cancioneiro da Biblioteca Nacional podería eventualmente resolver a medida coa súa contaxe bisilábica (véxase nota a 12.8).
Certamente, as dúas copias da cantiga convidan a unha lectura levei-os eu ali, con omisión de eu no Cancioneiro da Ajuda, que tamén presenta unha corrección que afecta ao adverbio: <(d)ali>. O paralelismo cos vv. 4 e 10 (levei-os d’u...) pediría aquí un texto *levei-os eu d’ali, que os manuscritos non autorizan.