280 [= Tav 79,49]
Sennor, o gran mal e o gran pesar

Sennor, o gran mal e o gran pesar
e a gran coita e o grand’afan,
pois que vos vós non doedes de min,
que por vós sofro, morte m’é de pran,
e morte m’é de m’end’assi queixar,
tan grave dia, sennor, que vos vi!
Pois estas coitas eu ei a sofrer,
que vos ja dixe, máis ca morte m’é,
pois que vos vós non doedes de min,
e morte m’é, sennor, per bõa fe,
de que vos ar ei aquest’a dizer:
tan grave dia, sennor, que vos vi!
Porque vejo que cedo morrerei
daquestas coitas que vos dixi ja,
pois que vos vós non doestes de min,
vedes, sennor, mui grave me sera
de o dizer, pero a dize-l’ei:
tan grave dia, sennor, que vos vi!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 173, B 324

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 344-345 [= LPGP 547]); Correia (2001: 419); Littera (2016: I, 604-605).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 119); Carter (2007 [1941]: 103-104); Machado & Machado (1950: II, 73-74); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 280).

Variantes manuscritas


3 vos vós] uus uos A : uꝯ B; de min] demj B   5 end’] and B   6 vos] uus A   8 ja] {ia} A; dixe] dixi B   10 bõa] bona B   11 de que vos] a que uos A   13 morrerei] moirerey B   15 vós non doestes] uꝯ non doedes B   16 me] mj B   17 dize-l’-ei] dizeloey B

Variantes editoriais


3 vos] vus Michaëlis; min] mi Michaëlis, Littera   6 vos] vus Michaëlis   8 vos] vus Michaëlis   9 vos] vus Michaëlis; min] mi Michaëlis, Littera   11 de que vos] aque-vus Michaëlis   12 vos] vus Michaëlis   14 vos] vus Michaëlis   15 vos] vus Michaëlis; doedes de min] doestes de mi Littera   18 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Señora, o gran mal e o gran pesar e a gran coita e o grande afán que por vós sufro, porque vós non vos apiadades de min, son a miña morte sen dúbida, e a morte me é de me por iso así queixar: que día tan aciago, señora, vos vin!

(II) Pois eu teño que sufrir estas coitas que xa vos dixen, peor que a morte me son, porque vós non vos apiadades de min, e morte me é, señora, certamente, o ter que vos dicir tamén isto: que día tan aciago, señora, vos vin!

(III) Porque vexo que cedo morrerei (por causa) destas coitas que xa vos dixen, porque vós non vos apiadades de min, vede, señora, moi difícil me será de o dicir, mais heino de dicir: que día tan aciago, señora, vos vin!
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10C 10b 10a 10C (= Tav 221:1)

Notas


Texto
  • 3

    No primeiro verso do refrán mantemos a variante pronominal min de A, firme nas tres estrofas, face a mi - min - min de B, que semella ter nivelado a rima -i só na estrofa I.

  • 10

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de A), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 11

    A lectura de Michaëlis mantén a dubidosa lección de A (polo corte do folio), mais o texto de B é perfectamente lexítimo e responde ben ao contexto e ao paralelismo co v. 17.

  • 14

    Nótese a variante dixi (cfr. dixe no v. 8) de A, fronte á forma xeral dixe neste cancioneiro (véxase nota a 270.15-16).

  • 15

    A pesar da nivelación en doedes que no primeiro verso do refrán efectuou B, Michaëlis mantivo con firmeza ecdótica a variación do verbo (neste caso, de tipo estilístico), coa gradación doedes - doedes - doestes, que responde tamén á leve mudanza que no tempo do verbo se verifica na cláusula principal no verso seguinte a r1: é - é - sera. Cfr. nota a 27.4.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado