I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 673-674 [= LPGP 326-327]); Littera (2016: I, 350-351).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 17-18); Machado & Machado (1949: I, 71-72), Rios Milhám (2017: I, 28).
1 Quero] Qvero B 5 a[s] coitas] acostas B 24 vos rog’eu] uꝯ (po) rogueu B 26 vos] uos B
1 vos] vus Michaëlis 3 vos] vus Michaëlis 5 a[s]] a Michaëlis, Littera; vos] vus Michaëlis 6 vos] vus Michaëlis 9 vos] vus Michaëlis 10 atẽ[es] ora] até agora Michaëlis, Littera 13 vos] vus Michaëlis 16 gardar, non] guardar nen Michaëlis : guardar, nem Littera 17 ja agora] j(a) agor(a) Michaëlis : agor'aqui Littera 18 vos] vus Michaëlis 19 vos] vus Michaëlis 20 gardar] guardar Michaëlis, Littera 21 gardar] guardar Michaëlis, Littera 22 vos] vus Michaëlis 24 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis 25 cousa mui] [é] cousa Michaëlis 26 vos] vus Michaëlis 27 vos] vus Michaëlis 28 gardar] guardar Michaëlis, Littera
(I) Quérovos eu dicir, señora, por que deixei, hai moito, de vos ver: porque sempre temín o que agora me provocará as coitas, pois vos vexo xa, por ter que vos amar e non me terdes vós en consideración.
(II) E sabede ben, miña señora: deixei por iso de vos ver até agora, porque non tiven forzas para facer outra cousa ao respecto; e vexo que me prexudiquei ao vervos, porque xa eu sei o sufrimento en que por vós me verei.
(III) Aínda que me esforcei, miña señora, en me protexer, non me serviu de nada cando agora estou aquí onde non vos poderei evitar, nin teño poder de fuxir de vós, nin ten necesidade de se defender, señora, quen Deus non quere protexer.
(IV) E xa que Deus, miña fermosa señora, me puxo de tal forma no voso poder, por El, que vos fixo, vos rogo eu –e non é sen causa– que, porque eu vos ame moito, non sintades pena, señora, pois non o poderei evitar.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8c 8d 8d (= RM 199:7)
Encontros vocálicos: 17 ja‿agora‿aqui; 27 ca·ia
Non conseguimos atestar a construción dar a coitas, razón que nos leva a considerar a presenza do artigo plural, ao contrario de Michaëlis, que mantén a forma singular.
Con base na existencia de ate͂es (975.10 e 1663.12) e tamén tães (644.4), como variantes concorrentes, xunto con outras (véxase Glosario, s.v. atá₁), corriximos a hipometría versal suplementando a sílaba ausente, xa que a forma até non se documenta no corpus trobadoresco profano, sendo moi escasa tamén nas Cantigas de Santa Maria (CSM 33.37, 115.263, 129.12, 157.22 e 424.30)1 .
Na P1 de pretérito dos verbos fazer, querer e põer, rexístranse no corpus trobadoresco profano, en competencia con fiz, quis (e pus, que non se atesta), as formas palatalizadas, bisilábicas, fige ~ figi, quige ~ quigi e puge ~ pugi, produto da influencia do -ī final latino sobre [dz] ou [z] nas bases fēcī, *quēsī e posuī (véxase Ferreiro 1999: §20a; Ferreiro 2016a: 127-132). Cfr. nota a 95.13.
Neste verso comparece a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 18.16, 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.
Igual que nos vv. 20 e 21, Michaëlis e Littera emendaron o orixinal gardar en guardar, intervindo máis unha vez nunha dirección lusitanizante na presentación e fixación dos textos trobadorescos. Véxase nota a 5.16.
É desnecesaria a emenda de Michäelis para este verso, xa que non é precisa a presenza da forma verbal nesta frase parentética.
No TMILG só se rexistra unha decena de exemplos procedentes da prosa notarial, aínda que é máis frecuente en obras portuguesas (véxase CGPA, s.v.).