325 [= Tav 40,9]
Pois tan muit’á que mia senhor non vi

Pois tan muit’á que mia senhor non vi
e me máis vejo no mundo viver
e m’eu tan gran coita pudi sofrer,
per boa fe, pois dela non morri,
ja máis por coita nunca ren darei,
ca, por gran coit’aver, non morrerei.
E, quando m’eu da mia senhor parti,
non cuidava esse di’a chegar
viv’aa noite, e vejo-m’ar andar
viv[o]; e, pois tal coita padeci,
ja máis por coita nunca ren darei,
[ca, por gran coit’aver, non morrerei].
E, pois esta, que vos digo, sofri,
ben devo de pran a sofrer qualquer
outra coita qual mi Deus dar quiser,
ca, pois per esta morte non prendi,
ja máis [por coita nunca ren darei,
ca, por gran coit’aver, non morrerei].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 365

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 835 [= LPGP 285]); González Martínez (2012a: 124); Littera (2016: I, 305).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 133-134); Machado & Machado (1950: II, 144); Rios Milhám (2018a: II, 325).

Variantes manuscritas


4 morri] moiri B   6 morrerei] moirerey B

Variantes editoriais


4 boa] bõa Michaëlis, Littera   8 di’a] dia Michaëlis, González Martínez, Littera   9 aa noite] aa noit(e) Michaëlis : à noite Littera   13 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Xa que hai tanto tempo que non vin a miña señora e (aínda) me vexo no mundo vivir máis (tempo) e puiden soportar tan gran coita, abofé, xa que da coita non morrín, endexamais me preocuparei por coita, pois, por ter unha gran coita, non morrerei.

(II) E, cando eu me apartei da miña señora, non pensaba que chegaría vivo á noite ese día, e vexo que estou vivo; e, pois padecín tal coita, endexamais me preocuparei por coita, pois, por ter unha gran coita, non morrerei.

(III) E, pois soportei esta que vos digo, certamente debo soportar ben calquera outra coita que me Deus quixer dar, pois, xa que por esta non morrín, endexamais me preocuparei por coita, pois, por ter unha gran coita, non morrerei.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:48)

Encontros vocálicos: 9 noite,‿e

Notas


Texto
  • 8

    A diferenza de Michaëlis, González Martínez e Littera segmentamos a preposición como elemento que liga cuidar co infinitivo, dado que esta é  a construción maioritaria na lingua trobadoresca.

  • 9

    O decasílabo esixe facer a sinalefa en noite‿e, que mantén o acento na 4ª sílaba (a alternativa sería computar como monosilábica a contracción aa, véxase nota a 73.21).

  • 16

    Aténtese en que o demostrativo esta non determina morte, mais que alude á coita (v. 15).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado