332 [= RM 131,3]
A mia senhor, que eu por meu mal vi

A mia senhor, que eu por meu mal vi,
feze-a Deus senhor de mui bon prez
e máis fremosa de quantas El fez:
per bõa fe, todo por mal de min
a fezo Deus de muito ben senhor
e das melhores donas a melhor.
[E] por tal moir’e direi-vos eu al:
fez-lhi tod’esto e fez-lhi muito ben
en a fazer dona de mui bon sén
e mui mansa; e todo por meu mal
a fezo Deus [de muito ben senhor
e das melhores donas a melhor].
E non mi foi Nostro Senhor mostrar
os seus olhos, de pran, por ben dos meus,
mais por meu mal; e assi quiso Deus:
por me fazer maior coita levar
a fezo Deus [de muito ben senhor
e das melhores donas a melhor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 370

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 846); Spina (1983: 17-18 [= LPGP 864]); Eirín & Ferreiro (2014: 31); Littera (2016: II, 401-402).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 136); Machado & Machado (1950: II, 155); Rios Milhám (2018a: II, 332).

Variants manuscrites


4 bõa] bona B   15 assi] (n)assy B   16 levar] lenar B

Variants editorials


2 Deus senhor] Deus Senhor Michaëlis   4 min] mi Michaëlis, Spina, Littera   7 [E] por tal] Por [a]tal Michaëlis, Spina, Littera; vos] vus Michaëlis   8 esto] est(o) Michaëlis, Spina : est' Littera   9 en a] e’-na Michaëlis : ena Littera   18 das] da Spina

Paràfrasi


(I) A miña señora, que eu polo meu mal vin, fíxoa Deus señora de moi bo prez e a máis fermosa de todas cantas El creou: abofé, e todo para o meu mal a fixo Deus señora de moito ben e a mellor das mellores donas.

(II) E por tal (dona) morro e direivos outra cousa: fíxolle todo isto e fíxolle moito ben en a facer dona moi sensata e moi doce; e todo para o meu mal a fixo Deus señora de moito ben e a mellor das mellores donas.

(III) E non me mostrou Noso Señor os seus ollos, abofé, polo ben dos meus, mais polo meu mal; e así (o) quixo Deus: por me facer sufrir unha coita maior a fixo Deus señora de moito ben e a mellor das mellores donas.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:213)

Encontros vocálicos: 8 estoe

Notes


Text
  • 2

    A variante bisilábica feze, do lat. fēcĭt, con manutención de -e após /dz/ é minoritaria en relación a fez e, mesmo, á variante fezo coa innovadora desinencia -o (cfr. nota a 53.16 e 56.14). Na realidade, feze aparece especialmente cando utilizada co clítico -o/-a, aínda que se rexistra tamén noutros contextos (167.5, 184.16, 260.2, 331.12, 479.13, 484.21, 580.13, 1087.8, 1398.6, 1593.9).

    No que respecta á secuencia <de senhor> podería ser tamén interpretada como Deus Senhor ‘Deus’, tal como Michaëlis na súa edición. Porén, o verso ecoa no refrán cos dous termos separados, aclarando a que parece a correcta interpretación (a fezo Deus de muito ben senhor).

  • 4

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 7

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat