333 [= RM 131,8]
Senhor, por vós e polo vosso ben

– Senhor, por vós e polo vosso ben,
que vos Deus deu, ven muito mal a mí;
por Deus, senhor, fazed’o melhor i.
– Vedes, amig’, o que vos farei én:
se vos por mí, meu amigo, ven mal,
pesa-m’ende, mais non farei i al.
– Senhor fremosa, máis vos én direi:
o vosso ben e vós e voss’amor
me dan gran mal, que non poden maior.
– Ja vos dixi quanto vos én farei:
se vos por mí, [meu amigo, ven mal
pesa-m’ende, mais non farei i al].
– De vos pesar, senhor, ben ést’e prez,
pero non poss’eu per tanto viver
se vós i máis non quiserdes fazer.
– Ja vo-lo dixi, e direi outra vez:
se vos por mí, [meu amigo, ven mal,
pesa-m’ende, mais non farei i al],
de que mi pesa; cuid’eu que é mal
de máis, amigo, demandardes-mi al.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 371

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 847-848); Spina (1983: 31 [= LPGP 866-867]); Eirín & Ferreiro (2014: 39); Littera (2016: II, 402).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 136); Machado & Machado (1950: II, 155-156); Rios Milhám (2018a: II, 333).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 266-267).

Variantes editoriais


2 vos] vus Michaëlis   4 amig’, o] amigo Michaëlis, Spina; vos] vus Michaëlis   5 vos] vus Michaëlis   7 vos] vus Michaëlis   8 vós e voss’amor] o vosso amor Michaëlis   10 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis   11 vos] vus Michaëlis   13 vos] vus Michaëlis   16 dixi] dìx(i) Michaëlis : dix’ Spina, Littera   17 vos] vus Michaëlis   19-20 De que mi pesa, cuid’ eu que é mal! / De mais, amigu’ é demandardes mi-al Michaëlis : De que mi pesa, cuyd’eu que é mal! / Demays, amigu’[é] demandardes-mi al Spina

Paráfrase


(I) –Señora, por vós e polo voso ben, que vos deu Deus, vénme moito mal a min; por Deus, señora, facede o mellor niso.

–Vedes, amigo, o que farei a respecto diso: se por min, meu amigo, vos vén mal, pésame por iso, mais non farei nada máis.

(II) –Fermosa señora, máis vos direi sobre iso: o voso ben e vós e o voso amor cáusanme un gran mal, que maior non poden (causar).

–Xa vos dixen canto vos farei nese asunto: se por min, meu amigo, vos vén mal, pésame por iso, mais non farei nada máis.

(III) –Que sintades pesar, señora, está ben e é digno de prez, mais eu por tanto non podo vivir se vós non queredes facer máis nese asunto.

–Xa volo dixen, e diréivolo outra vez: se por min, meu amigo, vos vén mal, pésame por iso, mais non farei nada máis, (1) aínda que me pesa; considero eu que é mal de máis, amigo, pedirme outra cousa.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:214)

Encontros vocálicos: 16 dixi,e; 20 mial

Notas


Texto
  • 4

    A segmentación do artigo en <amigo> favorece a elocución do verso, aínda que Michaëlis e Spina mantivesen a integridade do vocativo.

  • 19-20

    Michaëlis e Spina isolan sintacticamente a fiinda da derradeira estrofa, o cal leva consigo, pola aparente ausencia do necesario verbo, a modificación da lección <amigo>. Mais ao ligar a fiinda ao discurso anterior, como acontece en moitas outras cantigas, xunto coa puntuación axeitada, a lección de B tórnase transparente e correcta, e así foi aceptado en Littera.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado