I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 434-435 [= LPGP 90]); Lorenzo Gradín (2008: 101); Littera (2016: I, 47-48).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 7-8); Braga (1878: 2); Carter (2007 [1941]: 131); Machado & Machado (1950: II, 190-191); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 364).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 18); Diogo (1998: 147).
1 me] mi BV 4 dona] doua B 5 que] ( )ue {Q refran} A 7 ouvo] ouue BV 9 me] mi BV; coita] coital V; levar] leuār B 11 me] mel BV 13 m’eu] men B; mereci] meçi B : me’zi V 15 vos] uus A 17 mí] mj̄ B : mī V
7 ouvo] ouv’o Michaëlis : houve Littera 10 me] m'El Littera 14 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín
(I) O meu Señor Deus dispuxo que eu sempre sufrise coita, mentres vivise no mundo, cando El me mostrou tal dona que me fixo tomar por señora e non ouso dicirlle «señora».
(II) E, se a Deus lle prougo moito facerme sufrir coita, que ben o soubo El dispor cando me fixo ver tal dona que me fixo tomar por señora e non ouso dicirlle «señora»!
(III) Se eu lle merecín mal a Deus, non vos quixo El tardar moito en se vingar de min cando eu tal dona vin que me fixo tomar por señora e non ouso dicirlle «señora».
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:316)
A mellor opción para compensar a ausencia dunha sílaba métrica no incipit é integrar a forma Deus, de modo que transpareza o sintagma Sennor Deus, paralelo ao frecuente Deus Senhor que é utilizado noutras cantigas. Cfr. nota a 259.17.
A interpretación sintáctica da ligazón entre o corpo da estrofa e o refrán é ambigua nas tres estrofas, pois é perfectamente posíbel considerar a existencia da locución consecutiva (a)tal (dona) ... que, ou, alternativamente, interpretar que como pronome relativa, función que parece máis clara na estrofa III.
A variante ouve de BV mostra como non é preciso segmentar o artigo en ouvo, P3 do pretérito indicativo de aver, con desinencia analóxica -o (véxase nota a 203.10).
Estes versos de Afonso Lopez de Baian parecen ecoar no refrán da cantiga 546, de Don Denis:
se eu a Deus mal mereci,
ben se vinga per vós en mí!