I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 874 [= LPGP 671]); Littera (2016: II, 152).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 9); Braga (1878: 2); Machado & Machado (1950: II, 196); Rios Milhám (2018b: III, 367).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 85-86).
2 benuꝯ inro q̄ queiria hir B 3 nen] uen B 8 m’eu] men B 9 sabor] s[****] B 10 coraçon] coracō B : corazon V 13 esto] sto V 14 que m[e]] ꝗʷ B : ꝗ̄ V 16 por én] penᵉ B 17 poderia] podiā B
2 vos] vus Michaëlis 3 assi] (a)ssi Michaëlis 4 boa] bõa Michaëlis, Littera 10 poss’, e [e]no] poss[o]; e no Michaëlis, Littera 16 eu] e Michaëlis
(I) Se eu puidese ir onde está a miña señora, xúrovos que querería ir alí, mais non podo nin se me dispón así, e, por isto, agora, abofé, tal coita teño que non podería vivir se non fose o desexo que teño de a ver.
(II) Isto me fixo vivir desde o momento en que eu me afastei de onde estaba a miña señora, mais agora teño un gran desexo de ir alí, e non podo, e no meu corazón tal coita teño que non podería vivir se non fose o desexo que teño de a ver.
(III) E se non fose isto, non sei de cousa ningunha que me puidese salvar da morte cando non a vexo; mais eu penso ir onde ela está, e non podo: por iso eu tal coita teño que non podería vivir se non fose o desexo que teño de a ver.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 12C 12C (= RM 160:2)
Encontros vocálicos: 3 guisa‿assi
Esta cantiga é tamén atribuída a Afonso Fernandez Cebolhilha.
A falta de unha sílaba e a rima en -í aconsellan a reintegración do adverbio i como palabra rimante neste verso, confirmada, ademais, por ei d’ir i (v. 9).
A minoritaria forma eno atéstase na lingua das cantigas e aparece con certa frecuencia no sintagma eno meu coraçon (64.7, 65.5, 103.6, 175.10, 299.3, 311.3 etc.), circunstancia que favorece a súa escolla para salvar a hipometría do verso. Ademais, ao longo dos cancioneiros detéctase con frecuencia a presenza de no(s) ~ na(s) en B cando A achega a lección correcta eno(s) ~ ena(s) (véxanse 66.9, 164.r2, 217.11, 227.4, 278.21, 355.8).
A lectura que m[e] a partir de <ꝙʷ> ou <ꝙ̄> de B e V, respectivamente é a máis económica do punto de vista ecdótico, pois constitúe a reposición da vogal ausente nunha eventual secuencia <quem> do antígrafo, tal como acontece noutras pasaxes ao longo do corpus. Véxase nota a 56.25.