I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 693 [= LPGP 315]); Littera (2016: I, 358-359).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 21-22); Machado & Machado (1949: I, 85); Rios Milhám (2017: I, 39).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 56-57); Diogo (1998: 13).
2 nulha] nulla B
2 vos] vus Michaëlis 4 mort’, e] mort(e), e Michaëlis 5 vos] vus Michaëlis 6 vos] vus Michaëlis 7 Perque vos ... min] Porque vus ... mi Michaëlis : Porque vos ... mi Littera 8 vos] vus Michaëlis 11 vos] vus Michaëlis 12 vos] vus Michaëlis 13 vos] vus Michaëlis 15 vos] vus Michaëlis 17 vos] vus Michaëlis 18 vos] vus Michaëlis
(I) Desde que me mandastes, miña señora, que nunca máis vos falase, tívome en tan gran coita o voso amor que pido a Deus a miña morte, e non me vén, porque non me atrevo a vos mostrar a miña coita, nin vós vos queredes lembrar de min.
(II) Porque vós non vos lembrastes de min, que vos amo, señora, máis que a calquera outra cousa, faime vivir o voso amor de tal modo que me sería de proveito a miña morte, porque non me atrevo a vos mostrar a miña coita, nin vós vos queredes lembrar de min.
(III) E, xa que vos Deus fixo tan prudente que non errades, señora, en cousa ningunha, lémbrevos tamén algunha vez en que gran coita o voso amor me ten, porque non me atrevo a vos mostrar a miña coita, nin vós vos queredes lembrar de min.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:12)
Encontros vocálicos: 16 mi‿o
A utilización da grafía <ll> para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.
O refrán da estrofa III introduce un elemento ausente nas restantes ocorrencias do refrán (o pronome eu) sen alterar a métrica, conferíndolle unha variación formal ao retrouso que se detecta en diversas cantigas do corpus galego-portugués. Cfr. nota a 27.4.