39 [= RM 47,6]
Des quando me mandastes, mia senhor

Des quando me mandastes, mia senhor,
que vos nunca dissesse nulha ren,
teve-m’en tan gran coita voss’amor
que peç’a Deus mia mort’, e non mi ven,
ca vos non ouso mia coita mostrar,
nen vos queredes vós de mí nembrar.
Perque vos non nembrastes vós de min,
que vos amo, sen[h]or, máis d’outra ren,
faz-me viver o voss’amor assi
que mi seria con mia morte ben,
ca vos non ouso mia coita mostrar,
[nen vos queredes vós de mí nembrar].
E, pois vos Deus atan nembrada fez
que non falecedes, senhor, en ren,
senhor, ar nembre-vos algũa vez
en que gran coi[ta] mi o voss’amor ten,
ca vos non ous’eu mia coita mostrar,
[nen vos queredes vós de mí nembrar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 65

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 693 [= LPGP 315]); Littera (2016: I, 358-359).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 21-22); Machado & Machado (1949: I, 85); Rios Milhám (2017: I, 39).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 56-57); Diogo (1998: 13).

Variantes manuscritas


2 nulha] nulla B

Variantes editoriais


2 vos] vus Michaëlis   4 mort’, e] mort(e), e Michaëlis   5 vos] vus Michaëlis   6 vos] vus Michaëlis   7 Perque vos ... min] Porque vus ... mi Michaëlis : Porque vos ... mi Littera   8 vos] vus Michaëlis   11 vos] vus Michaëlis   12 vos] vus Michaëlis   13 vos] vus Michaëlis   15 vos] vus Michaëlis   17 vos] vus Michaëlis   18 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Desde que me mandastes, miña señora, que nunca máis vos falase, tívome en tan gran coita o voso amor que pido a Deus a miña morte, e non me vén, porque non me atrevo a vos mostrar a miña coita, nin vós vos queredes lembrar de min

(II) Porque vós non vos lembrastes de min, que vos amo, señora, máis que a calquera outra cousa, faime vivir o voso amor de tal modo que me sería de proveito a miña morte, porque non me atrevo a vos mostrar a miña coita, nin vós vos queredes lembrar de min

(III) E, xa que vos Deus fixo tan prudente que non errades, señora, en cousa ningunha, lémbrevos tamén algunha vez en que gran coita o voso amor me ten, porque non me atrevo a vos mostrar a miña coita, nin vós vos queredes lembrar de min.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:12)
Encontros vocálicos: 16 mio

Notas


Texto
  • 2

    A utilización da grafía <ll> para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

  • 7

    A pesar do frecuente uso de per, é rara a súa combinación con que na conxunción perque, fronte ao xeral porque, xa que só se rexistra en 74.11, 84.4, 150.15, 263.23, 376.6, 976.18, 1440.44 e 1451.211 .

  • 17

    O refrán da estrofa III introduce un elemento ausente nas restantes ocorrencias do refrán (o pronome eu) sen alterar a métrica, conferíndolle unha variación formal ao retrouso que se detecta en diversas cantigas do corpus galego-portugués. Cfr. nota a 27.4.

  1. ^

    Nas cantigas 976 e 1421 en V aparece a lección porque.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado