I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 469 [= LPGP 266]); Zapico Barbeito (2005b: 1.601); Marcenaro (2013: 118); Littera (2016: I, 279).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 22); Braga (1878: 8); Carter (2007 [1941]: 139); Machado & Machado (1950: II, 250); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 400).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 101-102); Nunes (1959: 268); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 56).
1 vos] uus A 2 coraçon] coracon B 4 direi-me outra] direy moutra BV 6 vos] uus A 7 vos] uus A; non vejo prazer] om. A 8 Deus] des V; me] mj B : mi V; de mí] demī BV 10 mas] mays BV; mi al] mal BV 11 non] dō V; a mí] amj̄ BV 13 vos] uus A; mui] om. A 16 mas] mays BV; vos] uus A : \u/ꝯ V 17 non] dō V
1 vos] vus Michaëlis 4 me] m(e) Michaëlis : m’ Littera 6 vos] vus Michaëlis 7 vos] vus Michaëlis 8 me] mi Littera 9 ést’assi] é assi Zapico Barbeito 12 vos] vus Michaëlis 13 vos] vus Michaëlis 16 mas] mais Michaëlis, Littera; vos] vus Michaëlis 18 vos] vus Michaëlis
(I) –Vede, señora, quérovos eu o máis que podo no meu corazón, e por iso non diredes vós que non.
–Non, amigo, mais direi outra cousa: non me queredes vós a min mellor do que vos eu quero, amigo e señor.
(II) –Onde non vos vexo non vexo pracer, así Deus me valla, de nada nin de min, e non diredes que non é así.
–Non, amigo, mais quero dicir outra cousa: non me queredes vós a min mellor do que vos eu quero, amigo e señor.
(III) –Ámovos tanto que eu moi ben sei que máis non podería, certamente, e non diredes que non é así.
–Non, amigo, mais outra cousa vos direi: non me queredes vós a min mellor do que vos eu quero, amigo e señor.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:42)
Encontros vocálicos: 4 -me‿outra; 10 quero-mi‿al
Os terceiros versos de cada estrofa foron editados como frases interrogativas (desnecesarias) en Marcenaro.
A construción dizer de non ‘negar’, en que de cumpre a función da conxunción que, aparece esporadicamente no corpus profano (153.11, 328.4, 536.10, 759.8, 971.26, 989.10, 1420.3, 1488.9, 1636.13 e 1648.16-17).
É certamente desafortunada a “regularización” da forma verbal éste que propón Zapico Barbeito na súa edición de Estevan Faian.
Nótese a variación min ~ mí en BV nesta aparición do refrán. Cfr. nota a 27.4.