40 [= RM 47,25]
Quando m’agora mandou mia senhor

Quando m’agora mandou mia senhor
que non vivess’u a visse per ren,
sab’ora Deus que me fora gran ben
con a mort’e ouvera i sabor:
sabor ouvera de morrer log’i
por non viver com’eu depois vivi.
Podera-m’eu de grand’afan guardar
e de gran coita, que depois levei,
se eu morresse u mia senhor leixei,
assi Deus me leixe cedo tornar:
sabor ouvera de morrer log’i
[por non viver com’eu depois vivi].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 66

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 694 [= LPGP 325]); Littera (2016: I, 359).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 22); Machado & Machado (1949: I, 86); Rios Milhám (2017: I, 40).

Variantes manuscritas


4 con a mort’ e] con a co a morte B   5 morrer] moirer B   10 tornar] toruar B

Variantes editoriais


4 con a mort’e ouvera i] con a mia mort’! e ouver(a) i Michaëlis : com a mia mort’e houver’i Littera   9 morresse] morress(e) Michaëlis

Paráfrase


(I) Cando me agora mandou a miña señora que non vivise, de ningunha maneira, onde a vise, Deus sabe que me fora moito mellor coa morte e que nela encontraría máis pracer: tería gusto de morrer alí, por non vivir como eu despois vivín

(II) Poderíame eu ter librado de grande afán e de gran coita, que despois levei, se eu morrese cando me afastei da miña señora, así Deus me deixe cedo tornar (a onde a vexa): tería gusto de morrer alí, por non vivir como eu despois vivín.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:61)
Encontros vocálicos: 9 morreseu

Notas


Texto
  • 4

    Emendamos o erro de B, xa que o copista repetiu (parcialmente) a copia de <con a>. Michaëlis interpretou o elemento repetido <coa a> como un erro por mia, que esixiría a sinalefa ouverai.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado