425 [= RM 17,4]
Senhor fremosa, por meu mal

Senhor fremosa, por meu mal
vos viron estes olhos meus,
ca des enton assi quis Deus
e mia ventura, que é tal
que nunca vos ousei dizer
o que vos queria dizer.
E al ouv’eu vosc’a falar,
senhor, sempr’u vosco falei,
vedes por que: ca me guardei
tan muit’en vos dizer pesar
que nunca [vos ousei dizer
o que vos queria dizer].
Seede mui ben sabedor:
des que vos eu primeiro vi
sempre mui gran coita sofri,
e assi quis Nostro Sen[h]or
que nunca vos ousei dizer
o que vos [queria dizer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 444, V 56

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 37-38); Lanciani (1974: 108 [= LPGP 138]); Littera (2016: I, 143).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 27); Braga (1878: 11); Machado & Machado (1950: II, 277-278); Rios Milhám (2018b: III, 425).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 30); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 30); Magalhães (2007: 116).

Variantes manuscritas


1 meu] men B   2 vos] Vos B : uos V   5 vos] uos BV   6 o que vos] ho que uos BV   7 eu] en B   8 sempr’u] senpr(e)u B   9 guardei] guandey V   10 vos] uos BV   14 vos] uos BV   16 e assi] cassy V   17 vos] uos BV   18 vos] uos BV

Variantes editoriais


16 e assi] c’assi Lanciani : ca assy Nunes

Paráfrase


(I) Señora fermosa, para o meu mal vos viron estes ollos meus, pois desde entón así o quixo Deus e a miña ventura, que é tal que nunca vos ousei dicir o que vos quería dicir.

(II) E doutra cousa eu tiven que falar convosco, señora, sempre cando falei convosco, vede por que: porque me gardei tanto de vos dicir (algo que vos causase) pesar que nunca vos ousei dicir o que vos quería dicir.

(III) Sabede moi ben (isto): desde que eu vos vin por primeira vez sempre sufrín unha coita moi grande, e así quixo Noso Señor que nunca vos ousei dicir o que vos quería dicir.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:323)

Notas


Texto
  • 16

    A lección certa é a de B, xa que a lección de V (véxase o mesmo erro en 506.12), aceptada por Lanciani a pesar da anómala crase e da omisión de unha sílaba métrica, presenta, pois, o frecuente erro <c>/<e>. Véxase nota a 108.37.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado