I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 545 [= LPGP 991]); Fernández Graña (2007: 409); Marcenaro (2015a: 92); Barberini (2016: 65); Littera (2016: II, 572).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 163-164); Machado & Machado (1960: VII, 59); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 442).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 216); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 15).
2 vos] uos A 6 vos] uos A 13 vos] uos A
En Michaëlis o v. 5 de cada estrofa forma parte do refrán.
2 vos] vos Michaëlis 6 vos] vos Michaëlis 9 tempo] temp(o) Michaëlis : temp' Littera 12 Amigo] Amigo [meu] Michaëlis, Fernández Graña, Barberini; [eu]] om. Michaëlis, Marcenaro, Littera 13 vos] vos Michaëlis
(I) –Fermosa señora, xa que me vexo aquí, agradézolle a Deus que vos podo dicir a coita que me facedes sufrir, mais nin Deus nin vós me valedes nela.
–Amigo, polo meu amor e por min, sufride a coita que vos vén por min, porque sufrindo a coita se serve o ben.
(II) –Fermosa señora, padecín moita dor desde hai tempo, e esperei (cousa) mellor, mais Deus e vós facédesme (cousa) peor, e éme peor aínda de cando comecei (a amarvos).
–Amigo, por min que vola dei, sufride a coita que vos vén por min, porque sufrindo a coita se serve o ben.
Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C (= RM 139:13)
Encontros vocálicos: 9 tempo,‿e
Esta cantiga é atribuída tamén a Afons’Eanes do Coton.
Tendo en conta que o apelativo amigo no v. 5 non leva determinante, parece máis lóxico compensar metricamente este verso coa introdución de eu.