445 [= Tav 157,4]
[A]migos, des que me parti

[A]migos, des que me parti
de mia sennor e a non vi,
nunca fui ledo nen dormi
nen me paguei de nulla ren:
tod’este mal sofr’e sofri
des que me vin de Santaren.
Assi me ten forçad’Amor,
par Deus, por ela, que sabor
non ei de min, e, se non for
vee-la, perdud’ei o sén:
[t]od’este mal sofr’, e maior,
des que me vin de Santaren.
[O] seu fremoso parecer
me faz en tal cuita viver
qual non posso nen sei dizer,
e moiro querendo-lle ben:
[e]sto me faz Amor sofrer
des que me vin de Santaren,
[u] ela é, e o seu ben
desejando perço meu sén.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 280

A disposición do manuscrito sinala os vv. 5, 11 e 17 como integrantes do refrán.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 552-553 [= LPGP 980]); Fernández Graña (2007: 451); Littera (2016: II, 573-574).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 280); Machado & Machado (1960: VII, 62); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 445).

Variantes manuscritas


6 vin] ūi A   18 Santaren] sc̄aren A

Variantes editoriais


En Michaëlis o v. 5 de cada estrofa forma parte do refrán (seguindo as indicacións de A).

14 cuita] coita Littera   19 [u] ela é, e o seu ben] E [a] ela e o seu ben Michaëlis : A ela e ao seu bem Littera

Paráfrase


(I) Amigos, desde que me afastei da miña señora e non a vin, nunca fun feliz nin durmín nin sentín gusto por cousa ninguna: todo este mal sufro e sufrín desde que me vin de Santarém.

(II) De tal forma me ten sometido Amor por ela, por Deus, que me sinto mal comigo mesmo, e, se non a vou ver, perderei o xuízo: todo este mal sufro, e maior, desde que me vin de Santarém.

(III) O seu fermoso semblante faime vivir en tal coita que non podo nin sei dicir, e morro amándoa: isto me fai Amor sufrir desde que me vin de Santarém, (1) onde ela está, e desexando o seu ben perdo o meu xuízo.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8b 8a 8B + 8b 8b (= Tav 13:55)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga de amor forma conxunto coas cantigas 443 e 444, que son moi probabelmente da autoría do mesmo trobador (descoñecido), talvez da zona de Santarém (Portugal). Sobre a hipotética identificación deste trobador véxase Gonçalves (2016: 605-612).

  • 19

    O adverbio u é a forma esperada para suprir o espazo deixado polo copista de A para a letra capital da fiinda, tal como Fernández Graña propuxo na súa edición; neste sentido, as emendas de Michaëlis e de Littera son moito máis complexas e interventivas, probabelmente derivadas da preferencia pola independencia sintáctica da fiinda.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado