I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 552-553 [= LPGP 980]); Fernández Graña (2007: 451); Littera (2016: II, 573-574).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 280); Machado & Machado (1960: VII, 62); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 445).
III. Antoloxías: Gutiérrez (2023: 269).
6 vin] ūi A 18 Santaren] sc̄aren A
En Michaëlis o v. 5 de cada estrofa forma parte do refrán (seguindo as indicacións de A).
14 cuita] coita Littera 19 [u] ela é, e o seu ben] E [a] ela e o seu ben Michaëlis : A ela e ao seu bem Littera
(I) Amigos, desde que me afastei da miña señora e non a vin, nunca fun feliz nin durmín nin sentín gusto por cousa ningunha: todo este mal sufro e sufrín desde que me vin de Santarém.
(II) De tal forma me ten sometido Amor por ela, por Deus, que me sinto mal comigo mesmo, e, se non a vou ver, perderei o xuízo: todo este mal sufro, e maior, desde que me vin de Santarém.
(III) O seu fermoso semblante faime vivir en tal coita que non podo nin sei dicir, e morro amándoa: isto me fai Amor sufrir desde que me vin de Santarém, (1) onde ela está, e desexando o seu ben perdo o meu xuízo.
Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8b 8a 8B + 8b 8b (= RM 13:55)
O adverbio u é a forma esperada para suprir o espazo deixado polo copista de A para a letra capital da fiinda, tal como Fernández Graña propuxo na súa edición; neste sentido, as emendas de Michaëlis e de Littera son moito máis complexas e interventivas, probabelmente derivadas da preferencia pola independencia sintáctica da fiinda.