514 [= RM 25,106]
Sempr’eu, mia senhor, desejei

Sempr’eu, mia senhor, desejei
máis que al, e desejarei,
vosso ben que mui servid’ei,
mais non con asperança
d’aver de vós ben, ca ben sei
que nunca de vós averei
senon mal e viltança.
Desej’eu mui máis d’outra ren
o que mi pequena prol ten,
ca desej’aver vosso ben,
mais non con asperança
que aja do mal que mi ven
por vós nen galardon por én
senon mal e viltança.
Desej’eu con mui gran razon
vosso ben, se Deus mi perdon,
mui máis de quantas cousas son,
mais non con asperança
que sol coide no coraçon
aver de vós por galardon
senon mal e viltança.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 516, V 99

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 26-27 [= LPGP 226]); Nunes (1972 [1932]: 97-98); Littera (2016: I, 176).
II. Outras edicións: Moura (1847: 30-31); Monaci (1875: 44); Braga (1878: 20-21); Machado & Machado (1952: III, 44-45); Júdice (1997: 96); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 41).

Variantes manuscritas


4 asperança] asperanca V   7 viltança] viltanca B   15 gran] g̃ra B   16 perdon] pardon B

Variantes editoriais


En Nunes e en Lang non consideran que o v. 4 de cada estrofa sexa refrán (intercalado).

19 coide no] coid’e-no Lang : coid’eno Littera

Paráfrase


(I) Sempre eu, miña señora, desexei e desexarei, máis que calquera outra cousa, obter o voso galardón polo moito servizo que vos fixen, mais non con esperanza de obter recompensa de vós, porque ben sei que nunca recibirei de vós senón mal e desprezo.

(II) Desexo eu moito máis que calquera outra cousa o que pouco proveito me ten, pois desexo obter a vosa recompensa, mais non con esperanza que teña no mal que me vén de vós, nin (pola esperanza de recibir) outro galardón senón mal e desprezo.

(III) Desexo o voso ben con moita razón, así Deus me perdoe, moito máis de cantas outras cousas son, mais non con esperanza que teña de nin sequera pensar en recibir de vós como galardón senón mal e desprezo.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 6’B 8a 8a 6’B (= RM 12:1)

Notas


Texto
  • 7

    Viltança ‘vileza, desprezo, inxuria’ é rexistro único na poesía profana, mais é utilizado tamén nas Cantigas de Santa Maria (24.37, 57.56, 136.11; véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. viltança).

  • 16

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 19

    É certamente discutíbel a segmentación que Lang practica na secuencia manuscrita <coyde no> BV, que afecta á variación eno ~ no (cfr. nota a 99.18).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado