I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 27 [= LPGP 226]); Nunes (1972 [1932]: 99-100); Littera (2016: I, 177).
II. Outras edicións: Moura (1847: 31-32); Monaci (1875: 44-45); Braga (1878: 21); Machado & Machado (1952: III, 47); Júdice (1997: 97); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 24); Tavares (1961: 19-20).
1 Se eu] Seu B 2 e] et B 4 perdon] pardō B 8 soubessedes] sonbessedes B 10 averiades] auiades V 14 cuid’eu] cydeu V
2 e] a Lang 7 quisestes] quizestes Lang 9 pod’e] pôd’e Lang 10 min] mi Lang, Nunes, Littera 15 min] mi Lang, Nunes, Littera
(I) Se eu puidese agora, señora, forzar o meu corazón e vos puidese dicir canta coita me facedes sufrir por vós, coido eu, así Deus me perdoe, que teriades dó de min.
(II) Porque aínda que me facedes mal, señora, e nunca me quixestes facer ben, se soubésedes canto mal me vén por vós, coido eu, por Deus todopoderoso, que teriades dó de min.
(III) E aínda que é moi grande o desamor que me tendes, se soubésedes canto mal padecín por vós e canta coita, desde que vos amei, abofé, señora, que teriades dó de min (1) e mal sería se así non fose.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C + 10c (= RM 155:3)
Encontros vocálicos: 11 mi‿avedes
A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).
Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.