519 [= Tav 25,96]
Quen vos mui ben visse, senhor

Quen vos mui ben visse, senhor,
con quaes olhos vos eu vi,
mui pequena sazon á i,
guisar-lh’-ia Nostro Senhor
que vivess’en mui gran pesar,
guisando-lho Nostro Senhor
como [o] mi a mí foi guisar.
E quen vos ben con estes meus
olhos visse, creede ben
que, se non perdess’ant’o sén,
que ben lhi guisaria Deus
que vivess’en mui gran pesar
se lho assi guisasse Deus
como [o] mi a mí foi guisar.
E, senhor, quen algũa vez
con quaes olhos vos catei
vos catasse, per quant’eu sei,
guisar-lh’-ia quen vos tal fez
[que vivess’en mui gran pesar,
guisando-lho quen vos tal fez]
como [o] mi a mí foi guisar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 521, V 104

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 29-30 [= LPGP 221-222]); Nunes (1972 [1932]: 105-106); Eirín (2015: 113); Littera (2016: I, 179).
II. Outras edicións: Moura (1847: 37-38); Monaci (1875: 46); Braga (1878: 21-22); Machado & Machado (1952: III, 57); Júdice (1997: 100); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


15 quen algũa] q̄ue alguna B   21 foi] foys B

Variantes editoriais


En Lang o v. 6 de cada estrofa forma parte do refrán, anulando, por tanto, o carácter intercalar do retrouso.

7 como [o] mi a mí] como mh a mi [o] Lang, Nunes : como mi a a mi Littera   14 como [o] mi a mí] como mh a mi [o] Lang, Nunes : como mi a a mi Littera   17 per] por Lang   18 vos] vós Lang   20 vos] vós Lang   21 como [o] mi a mí] como mh a mi [o] Lang, Nunes : como mi a mi Littera

Paráfrase


(I) A quen vos vise moi ben, señora, cos ollos con que vos eu vin, hai diso moi pouco tempo, disporíalle Noso Señor que vivise en moi gran pesar, dispóndollo Noso Señor como mo a min foi dispor.

(II) E a quen vos ben vise con estes meus ollos, crede ben que, se antes non enlouquecese, que ben lle disporía Deus que vivise en moi gran pesar se llo dispuxese Deus así como mo a min foi dispor.

(III) E, señora, a quen algunha vez cos ollos con que vos ollei vos ollase, por todo canto eu sei, disporíalle quen así vos fixo (Deus) que vivise en moi gran pesar, dispóndollo quen vos así fixo como mo a min foi dispor.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8a 8C (= Tav 156:5)

Encontros vocálicos: 7 mi‿a; 14 mi‿a; 21 mi‿a

Notas


Texto
  • *

    Nótese o dobre en posición de rima e as equivalencias sinonímicas nos versos cuarto e sexto de cada estrofa (I Nostro Senhor; II Deus; III quen vos tal fez).

  • 1-4

    Probabelmente, o trobador considera diferente o senhor ‘dona’ do v. 1 e o Senhor ‘Deus’ do v. 4 (tamén no v. 6), de modo que non repite a palabra rimante (con efecto, son formas feminina e masculina, respectivamente).

  • 7

    Do punto de vista paleográfico é máis pertinente a recuperación da forma pronominal após como, por omisión da copia por contigüidade, cunha interpolación moi común na lingua trobadoresca; neste sentido, a opción dos editores anteriores é textualmente máis forzada, ao tempo que en Littera se deixou hipométrico o verso: a grafía <mhami> ou <mha mi> indica con clareza a sinalefa mi‿a.

  • 9-11

    Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética: creede ben / que, se non perdess’ant’o sén, / que ben lhi guisaria Deus ... Véxase nota a 53.17-18.

  • 15

    A presenza de -n- na forma manuscrita <alguna> en B é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ũ/ (confirmada neste caso pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <capaton es> çapatões, <huna> ũa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 20

    Eirín non achega proposta textual para a lacuna versal dos manuscritos, cunha reconstrución altamente probábel polo paralelismo construtivo da cantiga e mais polo dobre en posición de rima nos versos cuarto e sexto das tres estrofas.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado