No Fragmento Sharrer só fica o inicio da cantiga: <Quix ben amigꝯequer e / querrey.⌈hunha molher que>.
I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 35-36 [= LPGP 225]); Nunes (1972 [1932]: 122-123); Littera (2016: I, 184).
II. Outras edicións: Moura (1847: 49-50); Monaci (1875: 49); Braga (1878: 23); Machado & Machado (1952: III, 80); Sharrer (1991: 22); Montero Santalha (1997: 234-235); Júdice (1997: 109); Montero Santalha (2004); Ferreira (2005: 140-141).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 34); Oliveira & Machado (1959: 61); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 43).
1 amigos] amigus V; querrei] q̄irey B 3 querra] q̄ira B 4 é] om. V 5 quer’] que V; queirey] q̄irey B 6 querra] q̄ira B 7 Quix e querrei] Quis e q̄irey B 8 querra] q̄ira B 11 querrei] q̄irey B 13 e querrei] et q̄irey B 14 bõa] boa B 15 querra] q̄ira B 17 e quer’e querrei] et q̄r e q̄irey B
4 é] [est] Lang 9 ome] omem Lang : homen Nunes : homem Littera 14 bõa] boa Nunes 17 quer’e] quer e Nunes
(I) Quixen ben, amigos, e quero e quererei unha muller me me quixo e quere e quererá mal; mais non vos direi eu cal é a muller, mais algo vos direi: quixen ben e quero e quererei tal muller que sempre me quixo e quererá e quere mal.
(II) Quixen e quererei e quero moito ben a quen me quixo mal e quere e quererá; mais nunca ninguén saberá de min quen é, mais direivos unha cousa: quixen ben e quero e quererei tal muller que sempre me quixo e quererá e quere mal.
(III) Quixen e quererei e quero ben querer a quen me quixo e quere, abofé, mal e quererá; mais non direi quen é, aínda que vos quero dicir isto: quixen ben e quero e quererei tal muller que sempre me quixo e quererá e quere mal.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:30)
Nótese, máis unha vez, a tendencia lusitanizante dos editores, que transforman o ome dos dous manuscritos (<home> B, <hom̄> V) no moderno homem portugués.
Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.