537 [= Tav 25,99]
Quer’eu en maneira de proençal

Quer’eu en maneira de proençal
fazer agora un cantar d’amor,
e querrei muit’i loar mia senhor,
a que prez nen fremusura non fal
nen bondade; e máis vos direi én:
tanto a fez Deus comprida de ben
que máis que todas-las do mundo val,
ca mia senhor quiso Deus fazer tal,
quando a fez, que a fez sabedor
de todo ben e de mui gran valor,
e con tod’est[o] é mui comunal
ali u dev’, e er deu-lhi bon sén
e, des i, non lhi fez pouco de ben
quando non quis que lh’outra foss’igual,
ca en mia senhor nunca Deus pôs mal,
mais pôs i prez e beldad’e loor
e falar mui ben e riir melhor
que outra molher; des i, é leal
muit’, e por esto non sei oj’eu quen
possa compridamente no seu ben
falar, ca non á, tra-lo seu ben, al.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 520b, V 123

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 41-42 [= LPGP 223]); Nunes (1972 [1932]: 140-141); Littera (2016: I, 189-190); Fassanelli (2021: 46).
II. Outras edicións: Moura (1847: 64-65); Monaci (1875: 52); Braga (1878: 25); Machado & Machado (1952: III, 100-101); Júdice (1997: 118); Montero Santalha (2004) Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 177).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 27); Pellegrini (1928: 1); Pimpão (1942: 41); Nemésio (1961 [1949]: 201); Piccolo (1951: 181-182); Oliveira & Machado (1959: 55-56); Tavares (1961: 23); Lapa (1976: 22-23); Torres (1977: 218); Fiúza (1981: 141-142); Gonçalves & Ramos (1983: 284); Dobarro Paz et alii (1987: 24); Ferreira (1988: 59); Alvar & Beltrán (1989: 372); Pena (1990: 51-52); Sansone (1990: 306); Ferreira (1991: 19-20); Jensen (1992: 64); Pena (1993: 120-121); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 44); Morán (1999: 32-33); [Morán] (2001: 31); Alvar & Talens (2009: 588); Fidalgo (2009a: 82); Mongelli (2009: 66); Souto Cabo (2017: 71).

Variantes manuscritas


2 fazer] faz B   3 querrei] queirey B   5 bondade] bontade B   15 pôs] pꝯ BV   16 pôs] pꝯ BV

Variantes editoriais


4 fremusura] fremosura Lang, LitteraFassanelli   11 tod’est[o]] tod[o] est’ Nunes   12 dev’, e] deve Lang, Nunes, LitteraFassanelli

Paráfrase


(I) Quero eu facer agora un cantar de amor á maneira provenzal, e quererei nel louvar moito a miña señora, a quen valor nin fermosura non lle faltan, nin bondade; e direivos máis ao respecto: fíxoa Deus tan cumprida de ben que vale máis que todas as outras do mundo, (II) pois Deus quixo facer a miña señora tal, cando a fixo, que a fixo coñecedora de todo ben e de moi gran valor, e alén disto, é moi afábel alí onde debe, e deulle tamén bo siso e, ademais, non lle fixo pouco ben cando non quixo que outra a igualase, (III) pois na miña señora nunca Deus puxo mal ningún, senón que puxo alí valor e beldade e louvor e falar moi ben e rir mellor que calquera outra muller; ademais é moi leal e por isto non coñezo quen poida describir totalmente o seu ben, pois non hai, para alén do seu ben, ningunha outra cousa.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:18)

Notas


Texto
  • *

    O esquema métrico-rítmico da cantiga de Don Denis “segue” parcialmente a estrutura formal da cansó Plus que·l paubres quan jai el ric ostal de Peire Vidal (BdT 364,36) (véxase Canettieri & Pulsoni 2003: 144-145; tamén Lorenzo Gradín 2021: 259-260).

    As estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca confiren a esta composición un carácter de verdadeira cantiga ateúda, non contemplado en ningunha das precedentes edicións. Véxase nota á cantiga 15.

  • 1

    A voz proençal (tamén en 485.13 e 541.1) e Proença (1348.2) é evolución directa do lat. prouĭntialem e prouĭntiam, con caída de -u- intervocálico en contacto con vogal palatal (véxase Ferreiro 1999: §54c); deste xeito, Proença e proençal son as formas xerais na Idade Media para Provenza e o seu xentílico (véxase CGPA, s.v. Proença, proençal, proençaes).

  • 4

    A variante fremusura, con asimilación vocálica regresiva, aparece tamén noutra cantiga de Don Denis (559.15), para alén de rexistros esporádicos noutras obras, nomeadamente no Orto do Esposo (véxase CGPA, s.v. fremusura).

  • 7

    Nótese a grafía arcaica da asimilación que se produce no encontro de todas co pronome identificador (todas-las). A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con pois e con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios). Cfr. nota a 5.10.

  • 11

    Nótese como na lingua trobadoresca está ausente o adxectivo comun e só se atesta o derivado romance comunal (cfr. nota a 3.12). Na realidade, ao longo da Idade Media as ocorrencias de comun son, en xeral, tardías (véxase CGPA, s.v. comun, comum, comũ).

  • 12

    A segmentación da copulativa (ausente en todas as precedentes edicións) evita a presenza dunha incómoda xustaposición e liga sintacticamente o período.

  • 16

    Loor é variante única no corpus das cantigas profanas, fronte a formas do tipo louvar que concorren con loar (véxase nota a 618.10); ademais, agás pola aparición en 993.6, de Pero da Ponte, loor só se rexistra na poesía de Don Denis (véxanse tamén 496.17, 536.7, 8, 12, 538.24, 568.14 e 19, sempre asociado a prez nestas ocorrencias).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado