I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 47-48 [= LPGP 220]); Nunes (1972 [1932]: 158-159); Littera (2016: I, 195-196).
II. Outras edicións: Moura (1847: 78-79); Monaci (1875: 55); Braga (1878: 27); Machado & Machado (1952: III, 118-119); Júdice (1997: 126).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 49).
6 vinga] (r) vinga B 7 dá] de V
2 sempr’á [a]] [a] sempr’a Lang : [á] semp’a Nunes : [há] sempr'a Littera 4 boa] bõa Lang, Littera 18 per] por Lang, Littera 20 min] mi Lang, Nunes, Littera
(I) Que grave é a coita, señora, para quen sempre ten que desexar o voso ben, que non ten par, como eu fago; e, sinceramente, se eu lle merecín algún mal a Deus, ben se vinga por vós en min!
(II) Tal coita me causa o amor por vós e tanto mal me fai levar que isto me resulta unha coita mortal de sufrir; e por iso, señora, se eu lle merecín algún mal a Deus, ben se vinga por vós en min!
(III) Tal coita sufro, hai moito tempo, e tanto mal e tanta preocupación que me é igual á morte sen dúbida; e, señora, por esta razón, se eu lle merecín algún mal a Deus, ben se vinga por vós en min!
(1) E quérese Deus vingar así como quere por vós en min.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= RM 160:334)
Do punto de vista paleográfico, o máis lóxico para corrixir a hipometría do verso é a restauración da preposición a da perífrase aver + a + infinitivo a continuación de á, pola facilidade de lapso por contigüidade no proceso de copia.
O refrán desta cantiga parece recoller e sintetizar uns versos de Afonso Lopez de Baian (364.13-16):
Se m’eu a Deus mal mereci,
non vos quis El muito tardar
que se non quisesse vingar
de mí u eu tal dona vi.