555 [= RM 25,75]
Pois ante vós estou aqui

Pois ante vós estou aqui,
senhor deste meu coraçon,
por Deus, teede por razon,
por quanto mal por vós sofri,
de vos querer de mí doer
ou de me leixardes morrer.
E, pois do mal que én levei
muit’á vós sodes sabedor,
teede ja por ben, senhor,
por Deus, pois tanto mal passei,
de vos querer de min doer
ou de me leixardes morrer.
E, pois que viv’en coita tal
per que o dormir e o sén
perdi, tẽede ja por ben,
senhor, pois tant’é o meu mal,
de vos querer de min doer
ou de me quererdes valer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 538, V 141

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 54 [= LPGP 211-212]); Nunes (1972 [1932]: 174-175); Littera (2016: I, 201).
II. Outras edicións: Moura (1847: 92-93); Monaci (1875: 59); Braga (1878: 29); Machado & Machado (1952: III, 136-137); Júdice (1997: 134); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


3 razon] raçon V   6 morrer] moirer B   7 én] eu V   12 morrer] moirer B   13 coita] coyta coyta V

Variantes editoriais


En Lang e Nunes o refrán está constituído polos vv. 5-6.

3 teede] tẽede Nunes   5 mí] min Nunes   7 én] eu Lang, Nunes, Littera   9 teede] tẽede Nunes   11 min] mi Lang, Littera   14 per] por Lang   15 tẽede] teede Lang, Littera   16 é] e Nunes   17 min] mi Lang, Littera

Paráfrase


(I) Xa que aquí estou perante vós, señora deste meu corazón, por Deus, tede por razoábel, por canto mal sufrín por vós, quererdes apiadarvos de min ou deixárdesme morrer.

(II) E xa que do mal que eu sufrín moito tempo hai que vós sodes coñecedora, tende xa por ben, señora, por Deus, pois que tanto mal sufrín, quererdes apiadarvos de min ou deixárdesme morrer.

(III) E xa que vivo en tal coita que por ela perdín o sono e o siso, tende a ben, señora, pois tanto é o meu mal, quererdes apiadarvos de min ou querérdesme valer.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8c (cfr. RM 160:332)

Notas


Texto
  • 5

    Nótese a variación no refrán (intercalar) desta cantiga coa forma na estrofa I fronte a min nas seguintes. Véxase nota a 202.6. Cfr. nota a 27.4.

  • 18

    A variación na redacción neste verso face os correspondentes das estrofas I e II impide que o refrán da cantiga estea constituído polos dous derradeiros versos de cada estrofa. Tavani, no seu Repertorio (160:332), rexístrao talvez a partir do estatus refránico dos vv. 5-6, 11-12 e 17-18 en Lang e Nunes (véxase nota á cantiga 26).
    A equivalencia entre leixar morrer, no último verso da cantiga, e querer valer nos versos correlativos das outras estrofas é unha mostra do dominio das técnicas da dispositio, por parte de Don Denis. Así, ao tempo que rompe a esperada repetición literal dun segundo verso de refrán, salienta nese punto climático-conclusivo un aparente paradoxo que non o é dentro da lóxica do xénero da cantiga de amor: en caso de non aceptalo, deixalo morrer é a mellor forma en que a dama lle podería valer.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado