559 [= Tav 25,122]
Senhor, que ben parecedes!

Senhor, que ben parecedes!
Se mi contra vós valvesse
Deus, que vos fez, e quisesse
[que] do mal que mi fazedes
mi fezessedes enmenda!
E vedes, senhor, quejenda:
que vos viss’, e vos prouguesse.
Ben parecedes, sen falha,
que nunca viu ome tanto
por meu mal e meu quebranto;
mais, senhor, que Deus vos valha,
por quanto mal ei levado
por vós, aja én por grado
veer-vos, siquer ja-quanto.
Da vossa gran fremusura,
ond’eu, senhor, atendia
gran ben e grand’alegria,
mi ven gran mal sen mesura;
e, pois ei coita sobeja,
praz[a]-vos ja que vos veja
no ano ũa vez d’un dia.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 542, V 145

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 56 [= LPGP 234]); Nunes (1972 [1932]: 182-183); Eirín García (2015: 233); Littera (2016: I, 203-204); Fassanellia (2020: 151); Fassanellib (2021: 56).
II. Outras edicións: Moura (1847: 98-99); Monaci (1875: 60); Braga (1878: 29); Machado & Machado (1952: III, 142-143); Júdice (1997: 138); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 47); Nemésio (1961 [1949]: 204-205); Torres (1977: 222); Correia (1978: 252).

Variantes manuscritas


6 quejenda] q̄ianda BV   7 prouguesse] pronguesse B   9 ome] homē V   12 quanto] quāte BV   13 por grado] pᵉgado B   18 gran mal] ḡm (o) mal B

Variantes editoriais


3 quisesse] quizesse Lang   4 [que]] om. Lang, Nunes, Littera, Fassanelli; mi] mi [vós] NunesFassanelli   9 ome] omem Lang : homen Nunes : homem Littera : omem Fassanellia : omen Fassanellib   15 fremusura] fremosura Lang, Littera, Fassanelli   21 ano] an(o) Nunes

Paráfrase


(I) Señora, que fermosa sodes! Se Deus, que vos fixo, me axudase contra vós e quixese que me recompensásedes polo mal me que facedes! E vede, señora, como: que eu vos vise e a vós vos prouguese.

(II) Sodes moi fermosa, certamente, e nunca ninguén viu tanta fermosura, para o meu mal e a miña aflición; mais, señora, Deus –que vos valla–, por todo canto mal eu levei por vós teña a ben que poida vervos, tan sequera un pouquiño.

(III) Da vosa gran fermosura, de onde eu esperaba moito ben e alegría, vénme un gran mal sen medida; e xa que sufro unha coita excesiva, prázavos que eu vos vexa unha vez un día ao ano.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’c 7’c 7’b (= Tav 163:39)

Encontros vocálicos: 21 ano‿ũa

Notas


Texto
  • 2-5

    A condicional se equivale a assi en frases optativo-desiderativas, neste caso cun subxuntivo (fezessedes, v. 4) como verbo principal do período, cun uso sintáctico que se documenta esporadicamente na lingua medieval. Cfr., por exemplo, na Crónica Geral de Espanha de 1344: E hora Deus quisesse que Julyo Cesar lançasse bestas mortas e outras peçonhas nos ryos e nas fontes e leixassenos fartar d’augua! (Cintra 1952-1990: II, 123); ou na tradución da Confessio Amantis: E quisesse ora Deus que nós... (Faccon 2012: 283). No corpus trobadoresco profano aparece o mesmo uso en 237.3, 310.16-17, 311.16, 376.16, 532.1, 812.9.

    Por outra parte, ao contrario das Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. valer), onde predominan as formas etimolóxicas nos tempos de pretérito de valer coa raíz valv- (véxase Ferreiro 1999: §221d; Mariño Paz 2000: 699-703), na poesía profana xa son minoritarias as formas máis antigas (véxase tamén 35.24, 117.12, 127.19, 196.16, 271.3, 1373.6 e 1532.20).

  • 4

    Lang propón o texto do mal que mi [vos] fazedes na corrección de erros, coincidente coa versión de Nunes (e Littera e mais Fassanelli). Porén, sintacticamente semella máis conveniente a presenza dun que completivo dependente de quisesse (v. 3).

  • 5

    Enmenda (tamén en 1325.4) convive con emenda (só en 1344.14), o mesmo que enmendar, do lat. emendāre (1.4, 1344.13) é variante concorrente con emendar (37.22). En principio, esta variante mostra a aparición do raro –na altura– grupo consonántico -nm- debido á presenza do prefixo en- (tamén poderiamos interpretar a secuencia <mm> como unha xeminación gráfica de <m>), a semellanza doutros casos en que este grupo é produto da adición do prefixo a unha base lexical comezada por [m] (enmentar, enmentre). En calquera caso, véxanse nos bancos de datos diversas ocorrencias de emmendar en textos de diverso teor (véxase CGPA, s.v.). 

  • 6

    A rima indica con clareza a necesidade de emenda da lección <q̄ianda> BV en prol da variante do pronome interrogativo quejenda ('cal?'). Véxase nota a 59.6.

  • 9

    Nos apógrafos italianos tamén encontramos a variación ome ~ omen, sempre coa forma nasalizada en V (véxase tamén 926.24, 1336.16 e 1681.17). Véxase nota a 66.19.

  • 13

    Aver por grado ‘obter satisfacción ou pracer, ter como recompensa’ é construción rara, case única, na lingua medieval.

  • 14

    O pronome indefinido ja-quanto, nacido da aglutinación de ja e quanto, equivalente a ‘algo, un pouco’, ten certo uso na lingua trobadoresca (347.9, 395.6, 461.4, 1388.14, 1508.11, 1529.14, 1555.22 e 1605.6) e, en xeral, na lingua medieval. Cfr. nota a 33.14.

  • 15

    A variante fremusura, con asimilación vocálica regresiva, aparece tamén noutra cantiga de Don Denis (537.4), para alén de rexistros esporádicos noutras obras, nomeadamente no Orto do Esposo (véxase CGPA, s.v. fremusura).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado