I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 61-62 [= LPGP 218]); Nunes (1972 [1932]: 194-195); Eirín García (2015: 243); Littera (2016: I, 208).
II. Outras edicións: Moura (1847: 110-111); Monaci (1875: 63); Braga (1878: 31); Machado & Machado (1952: III, 156); Júdice (1997: 144); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 205-206); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 52).
1 meto] meco V 4 mença] mençā V 8 vi] mi B
14 vio] viu Littera
(I) Cando eu considero ben en cal vos vexo e vos vin desde que vos coñecín, Deus, que non mente, me minta, señora, se hoxe eu coñezo algún ben que semelle en algo o voso.
(II) Cando eu a vosa beldade vexo, que vin polo meu mal, Deus, que axuda aos coitados, a min nunca poida valerme, señora, se hoxe eu coñezo algún ben que semelle en algo o voso.
(1) E quen non o pensa así, non vos viu ou non ten xuízo.
Esquema métrico: 2 x 7’a 7b 7b 7’a 7C 7C + 7c 7c (= RM 160:438)
Encontros vocálicos: 14 vi͜o
A representación gráfica da desinencia da P3 de pretérito indicativo dos verbos da terceira conxugación (cfr. vio) oscila entre a esmagadoramente maioritaria -iu e a esporádica -io, mostra dunha vacilación inicial que aínda se conserva nalgúns territorios galegos. Cfr. nota a 302.14. De calquera xeito, ambas as representacións implican unha mesma realidade fonolóxica e métrica, como mostran os casos de rimas entre -io e -iu (véxase, por exemplo, 614.1-8), ou aqueloutras situacións en que se produce variación desta desinencia en estruturas paralelísticas (véxase 583.8) ou no refrán (véxanse 592.r1, 1336.r, 1361.r2-r3).