I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 91 [= LPGP 185]); Nunes (1973 [1928]: 41-42); Cohen (2003: 626); Littera (2016: I, 234).
II. Outras edicións: Moura (1847: 175-176); Monaci (1875: 76); Braga (1878: 39); Machado & Machado (1952: III, 225); Júdice (1997: 71); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 49-50); Pimpão (1942: 73); Tavares (1961: 45-46); Torres (1977: 260); Mongelli (2009: 155).
2 que] che V 4 viir ven] uur ueu V 6 faço] fazo V 7 ven] nē V 8 gran] g̃ra B 9 er] et V 11 eu] en V 16 ven] nē V
9 er] e Lang, Nunes
(I) Chegoume, amiga, recado daquel que amo: que despois que viu o meu mandado, vén o máis axiña que pode; e eu ando leda por iso e fago moi ben.
(II) El vén ansioso por chegar, pois sofre un gran mal de amor: tamén está moi lonxe de poder gozar ou estar a gusto agás alí onde eu estiver, onde está todo o seu pensamento.
(III) Por canto mal sufriu, amiga, farei ben en lle dar por iso algunha recompensa, pois vén como lle eu mandei, e logo estará, ben o sei, recobrado e libre do mal (1) e das coitas que eu lle dei desde que foi meu namorado.
Esquema métrico: 3 x 7’a 7b 7’a 7b 7b 7’a + 7b 7’a (= RM 79:19)
Encontros vocálicos: 1 -mi,‿amiga
A opción editorial de Lang e Nunes, que confiren neste caso preeminencia á lección de V, tamén é coherente lingüística e semanticamente (véxase nota a 552.14).