608 [= Tav 25,29]
De morrerdes por mí gran dereit’é

De morrerdes por mí gran dereit’é,
amigo, ca tanto paresc’eu ben
que desto mal grad’ajades vós én
e Deus bon grado, ca, per boa fe,
non é sen guisa de por mí morrer
quen mui ben vir este meu parecer.
De morrerdes por mí non vos dev’eu
bon grado, ca esto fara quen quer
que ben cousir parecer de molher;
e, pois mi Deus este parecer deu,
non é sen guisa de por mí morrer
[quen mui ben vir este meu parecer].
De vos por mí Amor assi matar,
nunca vos desto bon grado darei;
e, meu amigo, máis vos én direi,
pois me Deus quis este parecer dar:
non é [sen guisa de por mí morrer
quen mui ben vir este meu parecer]
que mi Deus deu, e podedes creer
que non ei ren que vos i gradecer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 591, V 194

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 91-92 [= LPGP 190]); Nunes (1973 [1928]: 42-43); Cohen (2003: 627); Littera (2016: I, 234-235).
II. Outras edicións: Moura (1847: 176-177); Monaci (1875: 76-77); Braga (1878: 39); Machado & Machado (1952: III, 226); Júdice (1997: 48); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 65-66).

Variantes manuscritas


1 morrerdes] moirerdes B, mouerdes V   5 morrer] moirer B   7 morrerdes] moirerdes B   8 grado] grado poer BV   11 morrer] moirer B   15 én] eu V   16 quis] q̄s B   19 Deus] des V

Variantes editoriais


3 vós] vos Lang   4 boa] bõa Lang, Cohen, Littera   8 grado] grado poer Lang, Littera : grado |poer| Cohen   13 vos] vós Lang   15 én] eu Lang, Nunes

Paráfrase


(I) Morrerdes por min é moi xusto, amigo, pois eu son tan fermosa que por isto debedes vós ser castigado e Deus sexa louvado, pois, abofé, non é desatinado (o feito de) morrer por min quen vir moi ben esta miña fermosura.

(II) Non vos debo agradecer (o feito de) morrerdes por min, pois iso fará calquera que contemple a fermosura feminina; e, pois Deus me deu esta (fermosa) aparencia, non é desatinado (o feito de) morrer por min quen vir moi ben esta miña fermosura.

(III) Nunca vos terei que agradecer por vos matar Amor por min así; e, meu amigo, aínda vos direi máis, xa que Deus me quixo dar esta (fermosa) aparencia: non é desatinado (o feito de) morrer por min quen vir moi ben esta miña fermosura (1) que Deus me deu, e podedes crer que non teño nada que agradecervos por iso.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:18)

Notas


Texto
  • 8

    A contaxe métrica mostra como <poer> en BV provén dun erro de copia (similar ao producido en, por exemplo, 566.12), que xa Nunes e Cohen detectaron.

  • 15

    Entre as leccións <en> de B (de lectura difícil) e <eu> de V (de lectura dubidosa) debe optarse pola de B, tal como xa Cohen fixo, pois no corpus áchanse até once ocorrencias da cláusula (e) máis vos én direi, e ningunha con eu. Cfr., por exemplo, e, Nostro Senhor, máis vos én direi (185.12); e máis vos én direi (260.17); Senhor fremosa, máis vos én direi (333.7); senhor, e máis vos én direi (902.10) etc. etc.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado