686 [= Tav 75,5]
Disseron-mi ora de vós ũa ren

Disseron-mi ora de vós ũa ren,
meu amigo, de que ei gran pesar;
mais eu mi-o cuido mui ben melhorar
se eu poder, e poderei mui ben,
ca o poder que sempre ouvi m’ei,
e eu vos fiz e [eu] vos desfarei.
Dizen-mi que filhastes senhor tal
per que vos cuidastes de min partir,
e ben vos é se vos a ben sair;
mais deste ben farei-vos end’eu mal,
ca o poder que eu sem[pre ouvi m’ei,
e eu vos fiz e eu vos desfarei].
Senhor filhastes, com’oi dizer,
a meu pesar, e perderedes i
se eu poder, e poderei, assi
como fiz sempr’, e posso-me poder,
ca o poder que sempr[e] ouvi m’ei,
[e eu vos fiz e eu vos desfarei].
E, pois vos eu tornar qual vos achei,
pesar-mi-á én, mais pero vingar-m’-ei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 670-671, V 273

A primeira estrofa desta composición en B, no folio 144r, aparece con man do copista até a palabra sempre do primeiro verso do refrán, que é completado por Colocci. Após un espazo en branco, no final desta columna b aparece a seguinte anotación do copista: Outro Rº sse começa Ouue mey & ēu fiz eu desfarey.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 96-97 [= LPGP 488-489]); Cohen (2003: 157); Littera (2016: I, 572).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 105); Braga (1878: 53); Machado & Machado (1952: III, 344-345).
III. Antoloxías: Edicións críticas: Torres (1977: 18); Arias Freixedo (2003: 512-513).

Variantes manuscritas


6 vos] uos B; vos] uos BV   9 a ben] aber V   19 qual] q̄l V

Variantes editoriais


5 que] que [eu] Cohen   11 eu] om. Nunes   17 que] que [eu] Cohen

Paráfrase


(I) Dixéronme agora de vós unha cousa, meu amigo, pola que sinto un gran pesar; mais eu penso saír del con ben, se puider, e moi ben poderei, porque teño o poder que sempre tiven, e eu vos fixen e eu vos desfarei.

(II) Dinme que tomastes outra senhor pola que pensastes deixarme a min, e será bo para vós se vos saír ben; mais deste ben fareivos del eu mal, porque teño o poder que sempre tiven, e eu vos fixen e eu vos desfarei.

(III) Tomastes outra senhor, como oín dicir, para o meu pesar, e sairedes perdendo niso, se eu puider, e poderei, tal como sempre fixen, e eu podo poder, porque teño o poder que sempre tiven, e eu vos fixen e eu vos desfarei.

(1) E, despois que eu vos tornar ao que erades cando vos achei, sentirei pesar por iso, mais vingareime.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:28)

Encontros vocálicos: 1 -mi‿ora; 3-mi͜-o; 17 sempre‿ouvi; 20 -mi͜

Notas


Texto
  • 5

    Perante a ausencia de eu no primeiro verso do refrán nas estrofas I (v. 5) e III (v. 17), os anteriores editores actuaron de maneira diverxente: Nunes omitiu o pronome no refrán da estrofa II, en face de Cohen, que o estendeu para todas as ocorrencias do refrán. Porén, preferimos manter a variación no refrán (coa debida sinalefa no v. 17), en liña coa relativamente frecuente variación detectada noutras composicións (véxase cantigas nº 39, 621, 771 ou 1184). Véxase nota a 39.17. Cfr. nota a 27.4.

  • 6

    A reintegración do pronome semella a mellor opción para restaurar a isometría versal, cunha elegante e simétrica repetición.

  • 9

    Sair a ben (cfr. o antónimo sair a mal, 1632.27) é ‘saír ou resultar ben’.

  • 11

    A presenza de eu neste verso esixe a sinalefa sempreouvi: en calquera caso, a presenza ou ausencia do pronome non afecta ao ritmo acentual do refrán.

  • 20

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘non obstante, porén, a pesar de’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado