I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 107-108 [= LPGP 526]); Cohen (2003: 169); Littera (2016: I, 611-612).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 113); Braga (1878: 55); Machado & Machado (1952: III, 359-360).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 29-30).
1 vos] uos BV 5 meu amigo] ui**** meu amigo V 10 x’era] sera V 14 nen os] ueuꝯ V
5 boa] bõa Nunes, Cohen, Littera
(I) Amigo, pois aquí me vos mostrou Noso Señor, direivos canto hai que non sentín gozo por min nin por nada: abofé, meu amigo, desde que non falastes comigo.
(II) E tamén vos direi outra cousa: nunca eu puiden tampouco saber que era pesar nin pracer, nin que era mal nin que era ben, abofé, meu amigo, desde que non falastes comigo.
(III) Nin nunca tampouco librei o meu corazón nin os meus ollos de chorar, e tanto chorei que perdín o xuízo desde entón, abofé, meu amigo, desde que non falastes comigo.
Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 7’C 7’C (= RM 160:400)