I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 122 [= LPGP 282]); Cohen (2003: 187); González Martínez (2012: 152); Littera (2016: I, 306-307).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 122-123); Braga (1878: 58); Machado & Machado (1952: III, 382).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 32).
7 agora] agor B 16 én] eu V
9 máis] mais González Martínez 14 moiro] moiro [eu] Nunes, Littera 15 ve[e]redes, amigo] veredes, [meu] amigo Nunes 16 pois, que vos dig’én verdade] pois que vos digu’ en verdade Nunes : pois que vos dig’ eu verdade Cohen : pois que vos digu’én verdade González Martínez : pois que vos dig’en verdade Littera
(I) Amigo, non vos lembrades de min e obrades mal; mais nunca máis me creades se moi cedo non vedes que seguides un mal consello desobedecendo o meu mandado.
(II) Agora eu non vos importo nada e, despois de que vos vaiades de aquí, mui ben serei eu vingada de vós cando virdes que seguides un mal consello desobedecendo o meu mandado.
(III) Non queredes vivir comigo e morro de soidade; mais veredes, amigo, despois, que nisto vos digo verdade: que seguides un mal consello desobedecendo o meu mandado.
Esquema métrico: 7’a 7’b 7’a 7’b 7’C 7’C (= RM 99:70)
Encontros vocálicos: 14 so·i·da·de
A presenza dunha vírgula no final do verso en Cohen suxire que ca é interpretado como causal en vez da súa función de completiva, dependente de virdes.
Talvez Nunes e Littera acrecentaron o pronome suxeito eu por non consideraren o carácter tetrasilábico de soidade.
Fronte á intrusión nunesiana co vocativo [meu] amigo, preferimos, como a maioría dos editores, restaurar a vogal etimolóxica en ve[e]redes, aínda que cabería tamén a posibilidade dun contaxe bisilábica de mais (véxase nota a 12.8).
De acordo coa prioridade concedida a B, mantemos a lección <en>, que forma parte da expresión dizer én verdade, que reaparece noutros dous contextos do corpus profano (942.11, 1075.14).
Por outra banda, sendo posíbel interpretar pois que como locución causal, optamos por unha outra lectura (e puntuación) do verso, en que pois é adverbio temporal e, dese xeito, se reforza a afirmación da amiga no refrán.