720 [= RM 40,5]
Meu amigo, se vejades

Meu amigo, se vejades
de quant’amades prazer,
quand’alhur muito morades,
que non podedes saber,
amigo, de mí mandado,
se sodes enton coitado
dizede-mi-o, meu amigo,
e, por Deus, non mi-o neguedes
quando non sodes comigo,
e muit’á que non sabedes,
amigo, de mí mandado,
[se sodes enton coitado],
ca se faz que vós andades,
quando vos de mí partides,
gran tempo que non tornades,
enton quando non oides,
amigo, de mí mandado,
[se sodes enton coitado].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 705, V 306

En BV os vv. 1-4 foron dispostos en dous versos longos coa rima amades / morades.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 124-125 [= LPGP 283]); Cohen (2003: 190); González Martínez (2012: 180); Littera (2016: I, 308).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 123); Braga (1878: 59); Machado & Machado (1952: III, 386).

Variantes manuscritas


3 quand’] quāt B : quant V   9 sodes] sedes V   10 muit’á] muyra V

Variantes editoriais


18 coitado] coitad Cohen

Paráfrase


(I) Meu amigo, así vexades pracer de canto amades: cando noutro lugar morades moito tempo, e non podedes saber, amigo, noticias miñas, se ficades enton coitado (II) dicídemo, meu amigo, e por Deus, non mo neguedes: cando non estades comigo e hai moito tempo que non sabedes, amigo, noticias miñas, (dicídeme) se ficades enton coitado, (III) pois se hai moito tempo que andades (lonxe) e non tornades, cando vos ides de xunto de min, entón, cando non oídes amigo, noticias miñas, (dicídeme) se ficades entón coitado.

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7b 7’a 7b 7’C 7’C (I [= RM 99:65]) + 7’a 7’b 7’a 7’b 7’C 7’C (II-III [= RM 99:71])

Encontros vocálicos: 7 -mi͜-o; 8 -mi͜-o

Notas


Texto
  • *

    Consideramos esta composición como unha verdadeira cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva entre as súas dúas estrofas, aínda que non fose incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), nin tampouco os anteriores editores, nos cales só González Martínez une as dúas primeiras estrofas, isolando a terceira a pesar da ligazón causal. Cfr. nota á cantiga 15.

    Por outra parte, esta composición presenta dificultades na liña sintáctico-discursiva, feito que explica as diferentes opcións canto ao carácter interrogativo da primeira estrofa (Cohen), das dúas primeiras (Nunes), de todas (Littera), ou da ligazón parcial en González Martínez. A disposición que ofrecemos vai ligando as estrofas de modo que no refrán das estrofas II e III deberemos supor a presenza dun elíptico dizede (v. 7), que ten o seu CD explícito no refrán da estrofa I.

  • 1

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2, 221.2, 224.1, 277.23, 315.2, 511.14, 526.6 559.2, 573.12, 703.1, 733.15, 845.11, 940.10, 1042.16, 1140.10, 1284.18). Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

  • 9

    A lección <sedes> de V podería ser produto dun erro <o>/<e> mais tamén supor a presenza da variante de sodes que se detecta esporadicamente no corpus trobadoresco profano: sĕdētĭs > seedes (> sedes). Véxase nota a 732.8.

  • 13

    Para a correcta intelección da estrofa convén ter en conta que fazer-se funciona como verbo impersoal (‘acontecer’) –tamén presente, por exemplo, en UC 295–, embora todos as anteriores edicións interpretasen se como conxunción condicional, feito que implicaría o uso de fazer con gran tempo (v. 15), contexto en que só comparece o verbo aver

Buscar
    Non se atopou ningún resultado