I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 148-149); Ferreiro (1992: 91 [= LPGP 884]); Cohen (2003: 216); Littera (2016: II, 432).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 130); Braga (1878: 63); Machado & Machado (1953: IV, 24).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 94).
5 faça] faca B; mal] mal(s) V 7 naci] eu naçi BV 11 faç’e] faze V; morrer] moirer B 12 faria] fa B : mha V 14 faço] faco B 16 ca si] caassy BV 16 pois] pors B
5 e que] e[n] que Nunes 7 naci] eu naci Ferreiro 13 Ele quit’é] El é quite Nunes, Ferreiro, Cohen, Littera 16 ca sí] ca a si Nunes, Ferreiro
(I) O meu amigo non recibe de min outra cousa senón unha gran coita, que nunca lle falta, e, amiga, sáelle o corazón (do peito) por me ver; e dicídeme unha cousa: pois el me ama, aínda que eu lle faga mal, que faría se lle fixese ben?
(II) Desde que nacín nunca lle fixen nada pracenteiro e fíxenlle todo o mal que eu lle puiden facer, amiga; e quero saber de vós, pois este mal el non o ten por mal e eu lle fago mal e el quere morrer por min, que faría se lle fixese ben?
(III) El deixou outra señora por min e eu fágolle cada día peor, pero, amiga, ámame a min máis que a si mesmo ou que a calquera outra cousa; e xa que isto é así, que eu o trato mal e el me ten tal amor, que faría se lle fixese ben?
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10b 10a 10B (= RM 13:25)
Ao longo do corpus das cantigas profanas detéctase a aparición dunha locución e que de carácter concesivo (‘aínda que’), ás veces emendada polos editores para en que (Nunes) por ser infrecuente no período medieval:
se poderia de vós aver ben,
e que fezes[s]’eu i pesar a quen
vós sabedes no vosso coraçon
que vos fez el muitas vezes pesar (402.6);quand’aqui chegar,
e que lh’eu falar non quiser,
muito terrá que baratou
mal porque tan muito tardou (729.4);E que me non pesass’a mí por al,
pesar-mi-á [én] muito por ũa ren: / ... (818.7);E que mi queirades valer,
ai coita do meu coraçon,
ben sei eu, se Deus mi perdon: / ... (885.6);e des oimais, quer se queixe, quer non,
e que se queixe, non mi pode dar
maior afan (1128.12).
De todos os xeitos, a existencia desa locución é confirmada polo seu uso noutras obras fóra do ámbito das cantigas:
E que [ed.: E, que] vos eu quisesse contar como el rei dom Rodrigo era vestido e da sua nobreza, certo eu nõ saberia dizer cõ verdade (Crónica Geral d’Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: 330)
e que o fosse, foy-o de hũu mui nobre rrei (Fernão Lopes, Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 255).
A imposibilidade dunha sinalefa *que‿eu indica que máis unha vez o pronome persoal aparece espuriamente introducida no texto (cfr. a súa presenza no verso seguinte), como acontece con certa frecuencia ao longo do corpus trobadoresco: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.
Fronte ás anteriores edicións, que segmentan <ele> como el é (quite), semella preferíbel a segmentación de <quite> en quit’é (Ele quit’é), de modo que o acento recae na 4ª sílaba do verso.
Igual que na expresión amar máis ca mí/min (nen al) non ten cabida a preposición a (véxase nota a 44.13), o mesmo ocorre en querer melhor ca mí/min (véxase tamén 177.22, 261.8-9, 530.4, 531.r, 549.7, 683.7, 1091.19), que tampouco recorre á preposición para introducir o complemento (cfr. notas a 44.13 e 243.16). É por isto que, tal como propuxo Cohen, emendamos a lección de BV (<caassy>), probabel lapso de copia inducido por assy; nótese, ademais, que a manutención da preposición esixiría unha inédita sinalefa *assi‿aven.