782 [= RM 70,25]
Foi-s’ora d’aqui sanhud[o]

– Foi-s’ora d’aqui sanhud[o],
amiga, o voss’amigo.
– Amiga, perdud’é migo;
e pero mig’oj’é perdudo,
o traedor conhoçudo
aca verra:
ca verra,
aca verra.
– Amiga, desemparado
era de vós e morria.
– Sodes, amiga, sandia:
non fogia mui coitado,
mais ele, mao seu grado,
aca verra:
ca verra,
[aca verra].
– Amiga, con lealdade,
dizen que anda morrendo.
– Vó-lo andades dizendo,
amiga, est’é verdade,
mai-lo que chufan Gailhade
aca verra:
ca verra,
[aca verra].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 785, V 369

Tanto B como V reflicten unha copia defectuosa do refrán, que aparece deslocado: despois do v. 11 é copiado o texto <Aca ueira> B, <aca uerra> V, e, de modo similar, tras o v. 19 iníciase de novo o estribillo: <Aca> B, <aca> V.

Edicións


I. Edicións críticas: Nobiling (2007 [1907]: 103-104 [= LPGP 450]); Nunes (1973 [1928]: 175-176); Cohen (2003: 249); Littera (2016: I, 529).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 141); Braga (1878: 70); Machado & Machado (1953: IV, 80-81); Domingues (1992: 58); Cohen (1996: 20).
III. Antoloxías: Gonçalves & Ramos (1983: 158); Pena (1990: 135-136); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 106)

Variantes manuscritas


1-2 sanhud[o], / amiga] sanhuda / miga BV   5 conhoçudo] conhocudo B   6-8 Aca ueira / ca ueira / a ca ueira B : aea uerra / ea uerra / aea uerra V   9 desemparado] desenperado B   10 morria] moirera B : morrera V   11 amiga] muiga V   12 fogia] rogui B : fogeu V   14 verra] ueira B   15 verra] uenn B   18 morrendo] moirendo B   22 verra] ueira B   23 verra] ueira B

Variantes editoriais


4 e pero mig’oj’é] pero migu’é Nobiling : e, pero migu’é Nunes, Littera : e, pero migo é Cohen   5 conhoçudo] conhuçudo Cohen   12 non fogia mui coitado] non foi en[d’ el] o muy coytado Nobiling : non foi en[d’el] o mui coitado Nunes : ora fogeu mui coitado Cohen : ora fogiu mui coitado Littera   21 chufan Gailhade] chufan Guilhade Nobiling, Nunes : chufa’n Guilhade Cohen : chufa, ‘n Guilhade Littera

Paráfrase


(I) –Foise agora de aquí sañudo, amiga, o voso amigo. 
–Amiga, rompeu comigo; e aínda que hoxe rompeu comigo, o traidor coñecido acá ha de vir: porque ha de vir, acá ha de vir.

(II) –Amiga, sentíase desamparado de vós e morría. 
–Amiga, estades tola: non fuxía moi coitado; mais el, mal que lle pese, acá ha de vir: porque ha de vir, acá ha de vir.

(III) –Amiga, (fálovos) con lealdade: din que anda morrendo. 
–Vós o andades dicindo, amiga, isto é verdade, mais o que alcuman Gailhade acá ha de vir: porque ha de vir, acá ha de vir.

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’b 7’a 7’a 4C 3C 4C (= RM 142:1)

Encontros vocálicos: 3-4 migo;/é

Notas


Texto
  • *

    Como acontece noutras cantigas de Joan Garcia de Guilhade, o refrán reitera a palabra rimante (verra). Véxanse, tamén, as cantigas 385 (vi), 390 (eu), 393 (aqui), 397 (veen), 757 (alguen), 766 (diremos).

  • 4

    Este verso, tal como aparece en BV, é aparentemente hipermétrico, feito que explicaría as diversas lecturas de Nobiling, Nunes e Cohen, que non consideran a episinalefa migo;/é. Deste xeito, mantense o adverbio oje, que introduce un matiz que desaparecería coa súa eliminación, ao tempo que se fixa a locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus.

  • 5

    A forma conhuçudo de Cohen, con asimilación vocálica inducida pola vogal tónica, similar, por exemplo, a custume (1575.1), non ten base textual (foi talvez influído pola aparición de conhuçudo en 784.11).

  • 6-8

    A versión tradicional deste refrán, a partir de Nobiling e Nunes, presentaba unha anomalía cal a presenza da forma adverbial , sen documentación no corpus trobadoresco. É por isto que a lectura de Cohen é correcta, considerando ca como conxunción causal. Con todo, e nesta mesma liña, serían posíbeis outras lecturas alternativas con diferentes modulacións enunciativas:

              aca verra,

              ca verra

              aca. Verra!

    Ou aínda:

              aca verra:

              ca verra

              aca, verra!

  • 12

    Certamente, resulta difícil interpretar a lección dos manuscritos (<rogui> B, <fogeu> V), feito que explica as sucesivas versións deste verso nas diversas edicións, todas elas bastante afastadas do orixinal: non foy en[d’el] muy coytado (Nobiling, Nunes); non foi ele mui coitado (Lapa 1982: 170); a lectura de Cohen, ora fogeu mui coitado (coa suxestión muito irado como posíbel lectio difficilior), presenta o problema da desinencia verbal de 2ª conxugación para un verbo da 3ª, confusión que non rexistramos no corpus da poesía trobadoresca, aínda que si está presente na prosa medieval.

    É por isto que, perante o erro nos manuscritos, e sempre no ámbito da conxectura, propomos unha lectura a partir dun erro de copia similar que se detecta en 888.59, en que fogia é estabelecido a partir das leccións <fogra> B, <fogui> V. Así, é coherente do punto de vista temporal e tamén polo sentido: a confidente dille que o amigo morría pola amiga, e ela respóndelle que iso non ten sentido, pois o amigo non se ía (fuxía) moi coitado.

  • 17

    Optamos por unha puntuación que permita atribuír con lealdade á voz da amiga confidente ou, alternativamente, ás voces exteriores. No primeiro caso o sentido sería este: ‘Amiga, (fálovos) con lealdade, din que anda morrendo’. De ser atribuído ás voces exteriores entenderíase así: ‘Amiga, din que anda morrendo por mantervos lealdade’.

  • 20

    Na secuencia <este> do verso tamén se podería interpretar a presenza da forma verbal éste, sen demostrativo, tal como se propón en Lapa (1982: 170); con todo, semella máis pertinente considerar a crase esto + é (véxase Ferreiro 2008b: 72-75).

  • 21

    O verbo chufar ten o significado de ‘burlar, escarnecer’1 . Neste sentido, a interpretación do verso é clara desde o momento en que, fronte a todos os editores precedentes, mantemos a lección manuscrita unánime en B e V <gaylhade>, considerando que o trobador xoga co provenzalismo gai ‘alegre’ (véxase Glosario, s.v. gai, gaia). Ao tempo, dificilmente se pode considerar a preposición en (chufa’n Guilhade) cun verbo predicativo, tal como estabelece Cohen (e Littera) na súa edición.

  1. ^

    Este verbo desapareceu no portugués moderno, mais mantense en galego como verbo transitivo e pronominal (‘adular, enxalzar excesivamente; gabar(se)’).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado