I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 192 [= LPGP 694]); Cohen (2003: 268); Littera (2016: II, 192-193).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 145); Braga (1878: 72); Machado & Machado (1953: IV, 99).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 165); Torres (1977: 499); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 178); Corral Díaz & Vieira (2023: 124); Gutiérrez (2023: 165).
5 mal trager] trager mal BV 13 xe vos] xenꝯ V
3 veo] vẽo Nunes, Cohen, Littera
(I) –Ai, filla, o que vos quería ben xurouno aquí o outro día, mais non vos veu ver.
–Ai, madre, temíavos a vós, que adoitades maltratarme por mor del.
(II) –O que andaba coitado por vós estaba aquí na vila, mais non vos veu ver.
–Ai madre, por vós se preocupaba, que adoitades maltratarme por mor del.
(III) –O que estaba triste por vós estivo hoxe aquí, o perxuro, mais non vos veu ver.
–Madre, non ousou por causa vosa, que adoitades maltratarme por mor del.
Esquema métrico: 3 x 8’a 8’a 10B 8’a 10B (= RM 33:15)
Encontros vocálicos: 1 filha,‿o
É imperativa a presenza da locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’ no primeiro verso do refrán, de uso frecuente ao longo de corpus, aínda que en bastantes ocasións é posíbel conceder independencia sintáctica a cada un dos elementos.
Nótese, ademais, a variación fonética neste primeiro verso do refrán, que presenta desnasalamento na forma verbal veo, en face das formas vẽo das seguintes estrofas (talvez un erro de copia por omisión). Véxase nota a 589.5. Cfr. nota a 27.4
Nas cantigas profanas podemos localizar diversos contextos en que existe unha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, que a rima pon en evidencia (véxanse outros casos similares en 215.1, 383.12, 421.18, 590.1, 626.14, 688.20 etc.). Neste caso estamos perante a expresión verbal trager mal, que adquire o valor de ‘maltratar, tratar mal, tratar sen consideración; reprender' (véxase Glosario, s.v. trager).
Lémbrese que catar-se (de), verbo pronominal neste contexto, significa ‘preocuparse por’.
Probabelmente como consecuencia dunha gralla tipográfica, este período aparece sen marca de diálogo nas edicións de Nunes e mais de Cohen.