801 [= Tav 42,4]
Que trist’anda meu amigo

Que trist’anda meu amigo
porque me queren levar
d’aqui! E, se el falar
non poder ante comigo,
nunca ja ledo sera,
e, se m’el non vir, morrerá.
Que trist’oje que eu sejo,
e, par Deus, que pod’e val,
morrerá, u non jaz al!
Se m’eu for e o non vejo,
nunca ja ledo sera,
[e, se m’el non vir, morrerá].
E pero non soo guardada,
se soubess’, ia morrer;
i-lo-ei ante veer,
ca ben sei desta vegada:
nunca ja ledo sera,
[e, se m’el non vir, morrerá].
E, se m’el visse, guarido
seria logo por én;
mais quite sera de ben,
pois el for de mí partido:
nunca ja ledo sera,
[e, se m’el non vir, morrerá].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 805, V 389

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 195-196 [= LPGP 288-289]); Barbieri (1999: 90); Cohen (2003: 272); Littera (2016: I, 311-312).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 147); Braga (1878: 73-74); Machado & Machado (1953: IV, 104-105).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 133-134); Nunes (1959: 321-322); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 59).

Variantes manuscritas


2 queren] quereu BV   6 morrerá] moirera B   9 morrerá] moirera B   14 sse ssoubessy a moirer B : se ssoub essy a morrer V   16 vegada] negada B   22 de mí] demī V

Variantes editoriais


13 non soo] sõo Nunes : nom sõo Littera   14 se soubess’, ia morrer] se soubess’y a morrer Barbieri   22 mí] min Nunes, Cohen : mim Littera

Paráfrase


(I) Que triste anda o meu amigo porque me queren levar de aquí! E, se el non pode falar antes comigo, nunca máis será feliz, e, se non me vir, morrerá.

(II) Que triste estou eu hoxe, e, por Deus, que pode e vale, morrerá con toda a certeza! Se me eu for e o non vexo, nunca máis será feliz, e, se non me vir, morrerá.

(III) Aínda que non estou gardada, se soubese, morrería; ireino ver antes, pois sei ben desta vez [que] nunca máis será feliz, e, se non me vir, morrerá.

(IV) E, se me vise, sandaría decontado por iso, mais será privado de ben cando se separar de min: nunca máis será feliz, e, se non me vir, morrerá.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 7’a 7b 7b 7’a 7’C 7’C (= Tav 160:434)

Encontros vocálicos: 5-6 sera,/‿e; 11-12 sera,/‿e; 13 so͜o; 17-18 sera,/‿e; 23-24 sera,/‿e

Notas


Texto
  • 5-6

    A medida heptasilábica do segundo verso do refrán é garantida pola episinalefa que se estabelece entre a copulativa e a derradeira palabra do verso anterior. Véxanse sinalefas similares en poderáentender (97.20), áend(e) (854.16), seraen (1403.21), poderáen (1505.14). A alternativa residiría na expunción da copulativa inicial do verso.

  • 7

    A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sĕdēre neste tempo (sĕdĕō, sĕdes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> sõo, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).

  • 9

    A frase formularia u non jaz al ‘certamente, sen dúbida’, concorrente con u al non jaz (só en 55.15), é equivalente a u al non á (e as súas variantes), como se patentea a través das solucións das dúas copias en B de 31.10 (u non jaz al vs. u non á al). Véxanse notas a 25.11 e 66.29.

  • 13

    Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.
    Neste verso, como noutras pasaxes (véxase, por exemplo, 14.19, 63.12, 317.7, 1118.8 etc.), igual que bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, mesmo, ũu (véxase nota a 47.20), a forma verbal soo computa metricamente como unisilábico. 

  • 14

    Obsérvese a violenta descomposición da forma de pospretérito (morreria / ia morrer) por necesidades rimáticas: «se soubess(e), morreria».

Buscar
    Non se atopou ningún resultado