803 [= RM 42,3]
Porque se foi d’aqui meu amigo

Porque se foi d’aqui meu amigo
sen meu mandado e non mi-o fez saber,
quand’el veer por falar comigo,
assanhar-m’-ei e farei-lh’entender
que outra vez non se vaia d’aqui
per nulha ren sen mandado de mí.
Quand’el veer e me sanhuda vir,
sei que sera mui coitado por én
e jurar-mi-á e querra-me mentir,
e eu log’i falar-lh’-ei en desden
que outra vez non se vaia d’aqui
[per nulha ren sen mandado de mí].
[E] ja meu amigo nunca salra
de meu mandado nen de meu poder,
e, se se el for, ante me jurará,
quand’eu quiser e tod’a meu prazer,
que outra vez non se [vaia d’aqui
per nulha ren sen mandado de mí].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 807, V 391

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 197-198 [= LPGP 288]); Barbieri (1999: 94); Cohen (2003: 274); Littera (2016: I, 312-313).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 147-148); Braga (1878: 74); Machado & Machado (1953: IV, 106-107).

Variantes manuscritas


1 d’aqui] d*qi V   3 quand’] q̃ȝd V   4 farei-lh’] fareihh B : farealh V   7 Quand’] < >uād B   8 por én] rorem BV   9 e jurar] eiui ar V   10 e eu] (e) / Eu B   14 om. V   15 ante] aūt B   16 quand’eu] ꝙ̄teu V; tod’a] coda B

Variantes editoriais


16 quand’] quant’ Nunes, Barbieri, Cohen

Paráfrase


(I) Porque se foi de aquí meu amigo contra a miña vontade e non mo fixo saber, cando el viñer para falar comigo, asañareime con el e fareille entender que para outra vez de modo ningún se vaia de aquí sen o meu consentimento.

(II) Cando el viñer e me vir sañuda, sei que estará moi coitado por iso, e xurarame e quererame mentir, e eu direille entón con desdén que para outra vez de modo ningún se vaia de aquí sen o meu consentimento. 

(III) E nunca meu amigo me desobedecerá nin sairá do meu poder, e, se se el for, antes me xurará, cando e como eu quixer, que para outra vez de modo ningún se vaia de aquí sen o meu consentimento.

Métrica


Esquema métrico: 9’a 10b 9’a 10b 10C 10C (I [= RM 99:39]) + 10a 10b 10a 10b 10C 10C (II-III [= RM 99:10)

Encontros vocálicos: 2 mandadoe, mi͜-o; 5 va·ia; 9 -mi͜; 11 va·ia; 15 seel; 17 va·ia

Notas


Texto
  • 5

    As formas xerais no presente de subxuntivo do verbo ir son vaa (323.3, 1324.5, 10 e 15, 1344.30, 1347.23, 1618.27, 1622.4), vaades (470.4 e 9, 644.9), vaan 919.7, 1410.5); endebén, no primeiro verso do refrán rexístrase a variante vaia (tamén en 1574.r1 e 25), a que se debe sumar a forma vaiamos, presente nunha cantiga de amigo de Torneol (1314.1 e 4). Os datos fornecidos polo Corpus do Galego-Portugués Antigo confirma o carácter minoritario da evolución con -i- antihiático a partir do hiato vaa- (Ferreiro 1999 [1995]: §135a, §210b).

  • 11

    Nótese como que cumpre diferente función nos sucesivos refráns, pois é completivo nas estrofas I e III e ten valor consecutivo-final na estrofa III, cunha variación funcional que encontramos en máis cantigas. Cfr. nota a 27.4.

  • 13

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que permite en moitos casos restaurar a isometría versal (casos similares documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.). De todos os xeitos, tanto B como V presentan unha lacuna no espazo que ocuparía a copulativa, delatando algún problema no modelo.

  • 16

    A opción editorial de todos os anteriores editores en prol de quanto, a lección do Cancioneiro da Vaticana, é tamén posíbel.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado