I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 253-254); Cunha (1999 [1945]: 114); Monteagudo (1984: 331 [= LPGP 723]); Littera (2016: II, 217-218).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 150); Braga (1878: 75); Cotarelo Valledor (1934: 190); Machado & Machado (1953: IV, 121).
III. Antoloxías: Gutiérrez (2023: 111).
11 catarán] tatarā V 17 catarán] tatarā B
5 catarán] cataram Nunes, Cunha 6 vós] uos Monteagudo; desejar an] desejaram Cunha 11 catarán] cataram Nunes, Cunha 12 vós] uos Monteagudo; desejar an] desejaram Cunha 17 catarán] cataram Nunes, Cunha 18 vós] uos Monteagudo; desejar an] desejaram Cunha
(I) Señora, os meus ollos sempre teñen gusto en vos catar, e (oxalá) que os vosos nunca vexan pesar, e por Deus, non vos pese, e cataranvos a vós, a quen han de desexar (II) sempre, en canto eu estiver vivo, pois nunca poden durmir nin recibir ben, senón ir onde vos vexan; e, señora, non vos pese, e cataranvos a vós, a quen han de desexar (III) sempre, miña señora, pois non é mérito facérdeslles mal; mais, por Deus, e non por outra cousa, que os vosos fixo así, non vos pese, e cataranvos a vós, a quen han de desexar.
Esquema métrico: 3 x 7a 7b 7b 7a 7C 7C (= RM 160:435)
Esta composición é unha cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).
Máis unha vez aparece o pronome tónico vós como CD sen preposición (tamén nos vv. 12 e 18), tal como acontece con frecuencia na lingua trobadoresca.
Por outra parte, non é posíbel a aglutinación desejarán (Cunha), xa que estamos perante a perífrase verbal aver + a + infinitivo (a desejar an = an a desejar).
A secuencia fazerde-lhes mostra un proceso de asimilación fonética [s-ʎ] > [ʎ] similar ao que se rexistra no encontro vos+lhe(s)~lhi(s) (véxase nota a 106.14), por máis que no corpus das cantigas profanas se ache a mesma secuencia con manutención da integridade fonomorfolóxica: queredes-lhi (793.3), fazerdes-lhi (838.15), perdõardes-lhi (1272.9).