831 [= RM 120,18]
Foi-s’o meu amigo d’aqui

Foi-s’o meu amigo d’aqui
na oste por el-rei servir,
e nunca eu depois dormir
pudi, mais ben tenh’eu assi:
que, pois m’el tarda e non ven,
el-rei o faz que mi-o deten.
E gran coita non perderei
per ren, meos de o veer,
ca non á o meu cor lezer,
pero tanto de conort’ei:
que, pois m’el tarda e non [ven,
el-rei o faz que mi-o deten].
E ben se devi’a nembrar
das juras que m’enton jurou
u m’el mui fremosa leixou;
mais, donas, podedes jurar
que, pois [m’el tarda e non ven,
el-rei o faz que mi-o deten].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 834, V 420

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 219); Panunzio (1992 [1967]: 67-68 [= LPGP 773-774]); Cohen (2003: 293); Littera (2016: II, 283).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 158); Braga (1878: 79); Machado & Machado (1953: IV, 148-149); Fernández Pousa (1956: 805); Juárez Blanquer (1988: 69).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 41); Piccolo (1951: 148); Nunes (1959: 278); Torres (1977: 390); Jensen (1992: 290); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 198); Diogo (1998: 69-70).

Variantes manuscritas


6 rei] Roy B   24 jurou] iuron V   16 jurar] nirar B

Variantes editoriais


8 meos de] meus de Panunzio   13 devi’a nembrar] devia nembrar Nunes, Panunzio, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Foise o meu amigo de aquí para o exército, a servir o rei, e nunca eu puiden despois durmir, mais ben penso eu así: que, xa que el tarda e non vén, é por mor do rei, que mo detén.

(II) E non perderei a gran coita por nada, a non ser que o vexa, pois o meu corazón non ten descanso, aínda que teño este consolo: que, xa que el tarda e non vén, é por mor do rei, que mo detén.

(III) E debíase lembrar ben dos xuramentos que daquela me fixo cando el me deixou, moi fermosa; mais, donas, podedes xurar que, xa que el tarda e non vén, é por mor do rei, que mo detén.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:369)

Encontros vocálicos: 6 mi͜-o; 12 mi͜-o; 18 mi͜-o

Notas


Texto
  • 1

    O incipit de Pero da Ponte é compartido con outra cantiga de amigo, de Pedro de Berdia (1124.1). Cfr. tamén Foi-s’o meu amigo d’aqui noutro dia, verso inicial dunha cantiga de Joan Soarez Coelho (694.1).

  • 9

    Nótese neste verso a presenza do provenzalismos cor, que compite con coraçon nas cantigas profanas.

  • 10

    A voz conorto constitúe outro provenzalismo, máis utilizado na poesía profana do que a variante patrimonial conforto. Véxase nota a 624.16.

  • 13

    Como acontece noutros textos de Pero da Ponte e doutros trobadores,  a interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + infinitivo como devi’a, avi’a, ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22 e 28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.

  • 16

    A conxunción (completiva) que nesta ocorrencia do refrán é ligada directamente ao verbo de que depende (jurar).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado