832 [= RM 120,37]
Pois vos ides d’aqui, ai meu amigo

Pois vos ides d’aqui, ai meu amigo,
conselhar-vos-ei ben se mi creverdes:
tornade-vos máis cedo que poderdes
e guisarei como faledes migo,
e, pois, amigo, comigo falardes,
atal mi venha qual mi vós orardes.
Non mi tardedes com’outra vegada
mi tardastes, [ca] muit’ei én gran medo,
mais punhade de vos viirdes cedo,
ca nossa fala muit’é ben parada,
e, pois, amigo, comigo falardes,
[atal mi venha qual mi vós orardes].
E, se vós queredes meu gasalhado,
venha-vos en mente o que vos rogo,
pois vos ides, de vos viirdes logo,
e falarei convosco mui de grado,
e, pois, amigo, comigo falardes,
[atal mi venha qual mi vós orardes].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 835, V 421

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 220); Panunzio (1992 [1967]: 69-70 [= LPGP 783]); Cohen (2003: 294); Littera (2016: II, 283-284).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 158); Braga (1878: 79-80); Machado & Machado (1953: IV, 149-150); Fernández Pousa (1956: 806); Juárez Blanquer (1988: 72).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 98).

Variantes manuscritas


4 faledes] fazedes V   8 muit’ei] muyrey V

Variantes editoriais


1 vos] vus Panunzio   2 vos] vus Panunzio   3 vos] vus Panunzio   8 [ca] muit’ei én] muit[o] ei en Nunes   9 vos] vus Panunzio   14 -vos ... vos] -vus ... vus Panunzio   15 vos ... vos] vus ... vus Panunzio

Paráfrase


(I) Xa que vos ides de aquí, ai meu amigo, aconsellareivos ben, se me credes: regresade o máis axiña que poidades e disporei como faledes comigo, e, despois, amigo, de comigo falardes, que me suceda o que me vós pidades.

(II) Non me tardedes como outra vez me tardastes, pois diso teño moito medo, antes esforzádevos en virdes cedo, que a nosa conversa está moi ben disposta, e, despois, amigo, de comigo falardes, que me suceda o que me vós pidades.

(III) E, se vós queredes o meu pracer, tende presente o que vos rogo, pois vos ides, de virdes axiña, e falarei convosco de moi bo grado, e, despois, amigo, de comigo falardes, que me suceda o que me vós pidades.

Métrica


Esquema métrico: 10’a 10’b 10’b 10’a 10’C 10’C (= RM 160:257)

Notas


Texto
  • 2

    Nótese a presenza da raíz crev- nos tempos de pretérito de creer (crevestes, tamén no v. 20), aínda sobrevivente perante as formas innovadoras de carácter analóxico que tamén se rexistran no corpus das cantigas profanas, onde aínda son minoritarias as formas creesse (pretérito de subxuntivo) e creer (futuro de subxuntivo). A mesma raíz, nas formas crevesse e crever, pode verse tamén nas seguintes pasaxes: 149.7, 460.18, 470.13, 534.7, 1050.14 e 20, 1257.10, 1368.11, 1502.4 e 1666.6. Vexase Mariño Paz (2005: 192-196).

  • 3

    Obsérvese a omisión do artigo («tornade-vos [o] máis cedo que poderdes»), que por veces se manifesta no corpus en contextos similares:

    a dona que meu receber
    con migo se pode perder (11.23);

    E, ja que vos comecei a dizer
    ben que vos quero, quero-vos rogar
    que vos non pes... (237.16);

    ca, de pran, est’é oje máis de ben
    que ei (242.15);

    mais quero-lh’eu maior
    mal que posso (503.7-8);

    Nunca vos ousei a contar
    mal que mi fazedes levar (553.11-12) etc.

  • 6

    Téñase en conta que orar neste contexto significa ‘pedir, suplicar, implorar’, como acontece tamén en 4.5.

  • 8

    En face das emendas realizadas nas anteriores edicións, Cohen integra a conxunción ca, que resolve o problema de hipermetría e que lle acae ben ao contexto, estabelecendo unha certa simetría coa presenza do mesmo elemento no v. 10:

    Non mi tardedes com’outra vegada
    mi tardastes, [ca] muit’ei én gran medo,
    mais punhade de vos viirdes cedo,
    ca nossa fala muit’é ben parada.

  • 13

    O substantivo gasalhado, en xeral coa acepción de ‘pracer (compartido)’ (véxase nota a 1192.13), é voz utilizada sobre todo nas cantigas de amigo: fóra deste xénero só volta aparecer en 466.24 e 1487.15.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado