I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 220); Panunzio (1992 [1967]: 69-70 [= LPGP 783]); Cohen (2003: 294); Littera (2016: II, 283-284).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 158); Braga (1878: 79-80); Machado & Machado (1953: IV, 149-150); Fernández Pousa (1956: 806); Juárez Blanquer (1988: 72).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 98).
4 faledes] fazedes V 8 muit’ei] muyrey V
1 vos] vus Panunzio 2 vos] vus Panunzio 3 vos] vus Panunzio 8 [ca] muit’ei én] muit[o] ei en Nunes 9 vos] vus Panunzio 14 -vos ... vos] -vus ... vus Panunzio 15 vos ... vos] vus ... vus Panunzio
(I) Xa que vos ides de aquí, ai meu amigo, aconsellareivos ben, se me credes: regresade o máis axiña que poidades e disporei como faledes comigo, e, despois, amigo, de comigo falardes, que me suceda o que me vós pidades.
(II) Non me tardedes como outra vez me tardastes, pois diso teño moito medo, antes esforzádevos en virdes cedo, que a nosa conversa está moi ben disposta, e, despois, amigo, de comigo falardes, que me suceda o que me vós pidades.
(III) E, se vós queredes o meu pracer, tende presente o que vos rogo, pois vos ides, de virdes axiña, e falarei convosco de moi bo grado, e, despois, amigo, de comigo falardes, que me suceda o que me vós pidades.
Esquema métrico: 10’a 10’b 10’b 10’a 10’C 10’C (= RM 160:257)
Nótese a presenza da raíz crev- nos tempos de pretérito de creer (crevestes, tamén no v. 20), aínda sobrevivente perante as formas innovadoras de carácter analóxico que tamén se rexistran no corpus das cantigas profanas, onde aínda son minoritarias as formas creesse (pretérito de subxuntivo) e creer (futuro de subxuntivo). A mesma raíz, nas formas crevesse e crever, pode verse tamén nas seguintes pasaxes: 149.7, 460.18, 470.13, 534.7, 1050.14 e 20, 1257.10, 1368.11, 1502.4 e 1666.6. Vexase Mariño Paz (2005: 192-196).
Obsérvese a omisión do artigo («tornade-vos [o] máis cedo que poderdes»), que por veces se manifesta no corpus en contextos similares:
a dona que meu receber
con migo se pode perder (11.23);E, ja que vos comecei a dizer
ben que vos quero, quero-vos rogar
que vos non pes... (237.16);ca, de pran, est’é oje máis de ben
que ei (242.15);mais quero-lh’eu maior
mal que posso (503.7-8);Nunca vos ousei a contar
mal que mi fazedes levar (553.11-12) etc.
Téñase en conta que orar neste contexto significa ‘pedir, suplicar, implorar’, como acontece tamén en 4.5.
En face das emendas realizadas nas anteriores edicións, Cohen integra a conxunción ca, que resolve o problema de hipermetría e que lle acae ben ao contexto, estabelecendo unha certa simetría coa presenza do mesmo elemento no v. 10:
Non mi tardedes com’outra vegada
mi tardastes, [ca] muit’ei én gran medo,
mais punhade de vos viirdes cedo,
ca nossa fala muit’é ben parada.