I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 221-222); Panunzio (1992 [1967]: 71-72 [= LPGP 784]); Cohen (2003: 295); Littera (2016: II, 284).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 158-159); Braga (1878: 80); Machado & Machado (1953: IV, 150-151); Fernández Pousa (1956: 806-807); Juárez Blanquer (1988: 75-76).
III. Antoloxías: Sansone (1990: 152); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 95); Arias Freixedo (2003: 709-710).
5 morrer] moirer B 7 afan] affamj B 8 e[n]o meu] comeu BV; coraçon] coracon B 9 jaz] iam V 10 conselho] o sselho V 11 morrer] moirer B 15-16 versos invertidos en B 16 valra] ualira B 17 morrer] moirer B 22 guerra] gueira B 23 senon] Seno B
7 vos] vus Panunzio; afan] afã Littera 8 e[n]o] co[n o] Panunzio : com o Littera 13 vos] vus Panunzio 14 vos] vus Panunzio 15 olhos] olhus Panunzio; poderán] poderam Nunes, Panunzio 20 por] per Panunzio 21 vos] vus Panunzio 22 vos] vus Panunzio
(I) Por Deus, amigo, e que será de min, xa que co rei vos ides vivir? Conforme adoitades tardarme, non encontro outro remedio, amigo, senón morrer, e despois non terei a gran coita que agora por vós teño.
(II) Ídesvos agora e tan grande afán me deixades no meu corazón que non hai outra saída para min agás a morte, porque non coñezo, en verdade, un bo remedio para iso senón morrer, e despois non terei a gran coita que agora por vós teño.
(III) Xa que vos ides, vede o que pasará, meu amigo, desde que vos eu non vir: os meus ollos non poderán durmir nin ben ningún deste mundo me axudará senón morrer, e despois non terei a gran coita que agora por vós teño.
(IV) Esta partida tan contra a miña vontade, meu amigo, será cando for; mais, xa que vos ides, amigo e señor, eu non podo facer outra cousa contra vós senón morrer, e despois non terei a gran coita que agora por vós teño.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:199)
Encontros vocálicos: 7 ora‿e
Perante o erro na lección dos manuscritos, parece máis económica e acaída a emenda de Nunes, que contempla a presenza da forma pronominal tónica mí funcionando como CD sen preposición, un uso do pronome que, por outra parte, é bastante frecuente na lírica trobadoresca: ‘Ídesvos agora e deixádesme tan grande afán no meu corazón que non me vén outra cousa máis ca morte’. Neste sentido, a proposta de Monteagudo (2019: 1113) é máis intrusiva: «Unha posibilidade alternativa sería emendar a lectura do treito, corrixindo <tã> para <cõ> e <co meu> para <e o meu>, e así quedaría: “Ídesvos ora e con grand’afan / leixades mí e o meu coraçon”» (Monteagudo 2019: 113).